José Ferrer, nado o 8 de xaneiro de 1912 no barrio portorriqueño de Santurce (San Juan) e finado o 26 de xaneiro de 1992 en Coral Gables, Florida, foi un actor de cine e teatro, director e produtor de cine portorriqueño.

Traxectoria Nado en Porto Rico, estudou na Universidade de Princeton, onde escribiu unha tese sobre "O naturalismo francés e Pardo Bazán".

Debutou en Broadway en 1935. A súa interpretación máis lembrada no teatro foi a de Cyrano de Bergerac, que estreou en 1946 e coa que gañou o premio Tony.

Os seus primeiros papeis no cinema chegaron a finais dos anos corenta. Gañou o Oscar ao mellor actor en 1950 por Cyrano de Bergerac, adaptación da obra coa que triunfara no teatro. Como homenaxe á súa orixe, doou o premio á Universidade de Porto Rico.

A partir dos anos cincuenta dedicouse principalmente ao cinema, volvendo ao teatro ocasionalmente. Seguiu traballando no cinema e na televisión ata mediados dos anos oitenta.

Finou en 1992, e foi enterrado na súa cidade natal.

Filmografía Ano Filme 1948 Joan of Arc1949 Whirlpool 1950 Cyrano de Bergerac 1950 Crisis 1950 The Secret Fury 1952 Moulin Rouge 1952 Anything Can Happen 1953 A bela do Pacífico 1954 The Caine Mutiny 1955 The Cockleshell Heroes 1955 The Shrike 1956 The Great Man 1958 The High Cost of Loving 1958 I Accuse! 1961 Return to Peyton Place 1961 Forbid Them Not 1962 Lawrence of Arabia 1963 Stop Train 349 1963 Nine Hours to Rama 1964 Cyrano et d’Artagnan 1965 Ship of Fools 1965 The Greatest Story Ever Told 1967 Cervantes 1967 Enter Laughing 1975 El Clan de los inmorales 1976 The Big Bus 1976 Forever Young, Forever Free 1976 Voyage of the Damned 1977 The Private Files of J. Edgar Hoover 1977 Who Has Seen the Wind 1977 The Sentinel 1977 Crash! 1978 The Swarm 1978 Dracula’s Dog 1978 Fedora 1978 The Return of Captain Nemo 1979 Natural Enemies 1979 The Fifth Musketeer 1979 A Life of Sin 1980 The Big Brave 1981 Bloody Birthday 1982 Blood Tide 1982 A Midsummer Night’s Sex Comedy 1983 To Be or Not to Be 1983 The Being 1984 Dune 1984 The Evil That Men Do 1987 The Sun and the Moon 1988 Hitler’s SS Portrait in Evil 1990 Hired to Kill 1990 Old Explorers 1992 Laam Gong juen ji faan fei jo fung wan

Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Actores de Porto Rico Categoría:Directores de cinema de Porto Rico Categoría:Produtores de cinema de Porto Rico Categoría:Alumnos da Universidade de Princeton Categoría:Finados por cancro colorrectal Categoría:Óscar ó mellor actor