Antoine Marie Joseph Artaud coñecido como Antonin Artaud, nado en Marsella o 4 de setembro de 1896 e finado en Ivry-sur-Seine o 4 de marzo de 1948, foi un escritor e actor francés, autor de poemas e de textos teóricos sobre o teatro, nos que fai un eloxio do teatro da crueldade, que influíu na posta en escena teatral no mundo enteiro.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia burguesa, e xa de rapaz se viu afectado por problemas mentais que se atribúen a unha meninxite. En 1920 chega a París e comeza a escribir en La Nouvelle Revue française. Colaborou con André Breton no movemento surrealista.
Representou a Marat no filme de Abel Gance, Napoleón (1926). Tamén nese ano foi un dos fundadores, con Roger Vitrac, do "Théâtre Alfred Jarry", e en 1932 publica o Manifeste du Théâtre de la cruauté.
En 1936, Artaud viaxa a México, onde queda fascinado pola cultura dos tarahumaras. En 1937 trasládase a Irlanda, pero a pobreza obrígao a volver a Francia, e na viaxe de retorno sofre un ataque de tolemia e vai ser internado nunha institución psiquiátrica durante dez anos.
Obra Tric Trac du Ciel, París, Simon, s.d., 1923 L'Ombilic des limbes, Gallimard, NRF, París, 1925 Le Pèse-nerfs, Leibovitz, París, 1925 L'Art et la mort, Denoël, París, 1929 Le Moine, de Lewis, París, 1931 Héliogabale ou l'anarchiste couronné, Denoël & Steele, París, 1934 Les Nouvelles révélations de l'être, Denoël, París, 1937 Le Théâtre et son double, Gallimard, París, 1938 D'un voyage au pays des Tarahumaras, edición da revista Fontaine, París, 1945 Van Gogh le suicidé de la société, K , París, 1947 Artaud le Mômo, Bordas, París, 1947 Ci-Gît précédé de La culture indienne, K , París, 1947 Pour en finir avec le jugement de Dieu, K , París, 1948 Les Cenci, Gallimard, La Pléiade, 1964 Van Gogh, le suicidé de la société, programa de rádio, INA, André Dimanche Editeur, 1995. 50 dessins pour assassiner la magie, Gallimard, París, 2004 Artaud Œuvres, colección "Quarto", Gallimard, París, 2004 Cahier d'Ivry, xaneiro 1948.
Filmografía como actor Arthaud nunca tivo un papel importante en ningunha película, pero participou en 25: Fait divers », Claude Autant-Lara, 1924 Surcouf, le roi des corsaire » de Luitz-Morat, 1925 Graziella », Marcel Vandal, 1926, rodada en Italia Le Juif errant, Luitz-Morat, 1926, papel de Gringalet Napoléon, Abel Gance, 1927, papel de Marat A paixón de Xoana de Arco, Carl Theodor Dreyer, 1927, papel do monxe Massieu Verdun, visions d'histoire, Léon Poirier, 1927 La Coquille et le clergyman, Germaine Dulac, 1928, outra actriz Génica Athanasiou L'Argent, Marcel L'Herbier, 1928, papel de Mazaud Tarakanova, Raymond Bernard, 1929, La Femme d'une nuit, Marcel L'Herbier, 1930, rodada en Berlín, papel de Jaroslav, o traidor L'Opéra de quat'sous, Georg Wilhelm Pabst, 1930, versión francesa rodada en Berlín, papel dun apprenti mendiant Faubourg Montmartre, Raymond Bernard, 1931, papel de Follestat, un meneur de révolte Les Croix de bois, Raymond Bernard, 1931, papel de Vieublé Coup de feu à l'aube, Serge de Poligny, 1932, rodada en Berlín, papel dun xefe de gangsters Mater dolorosa, Abel Gance, versión falada, 1932 Liliom, Fritz Lang, 1933, papel du rémouleur-ange gardien Lucrèce Borgia, Abel Gance, 1935, papel de Savonarole Koenigsmark, Maurice Tourneur, 1935.
Véxase tamén Outros artigos Surrealismo Teatro Teatro físico
Ligazóns externas
Textos en castelán de Antonin Artaud e sobre Antonin Artaud. Páxina en castelán sobre Antonin Artaud.
Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Personalidades do cinema de Francia Categoría:Nados en 1896 Categoría:Nados en Marsella Categoría:Finados en 1948 Categoría:Poetas de Francia Categoría:Ensaístas Categoría:Dramaturgos de Francia Categoría:Novelistas de Francia Categoría:Poetas en lingua francesa Categoría:Finados por cancro colorrectal