Şalom (en hebreo: שלום, "Paz") é un xornal semanal de noticias xudeu-turcas, fundado o 29 de outubro de 1947 e sito en Istanbul. É publicado en turco xunto cunha páxina publicada en ladino (sefardí). Está orientado para o público xudeu da grande área metropolitana.

Traxectoria e características Fundado polo xornalista xudeu-turco Avram Leyon, propietario da empresa de medios, Gözlem Gazetecilik Basın ve Yayın A.Ş.. A tirada semanal do xornal non excede os 5.000 exemplares (2005), incluíndo un suplemento denominado El Amaneser enteramente en ladino dende 2005.

O director é İvo Molinas e o redactor xefe é Yakup Barokas. A súa redacción e oficina gráfica están en Teşvikiye en Istanbul e tamén mantén unha páxina de Internet en turco e en ladino.

Columnistas Yakup Barokas. İvo Molinas. Doğan Levent. Vedat Levent. Batya Kebudi. Eli Kebudi. Beril Elhadef. Betül Benarditi. İzi Darsa. Erol Güney. Alev Seren.

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina web oficial de Şalom Páxina web oficial de Şalom (en ladino)

Categoría:Xornais de Turquía Categoría:Xornais en lingua turca