Chico Novarro, aculme de Bernardo Mitnik, nado en Santa Fe (Arxentina), o 4 de setembro de 1933 e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 2023, foi un compositor e cantante arxentino.

Traxectoria Cultivou estilos variados, especialmente o bolero, a balada romántica e o tango propio do seu país. Efectou así mesmo notábeis actuacións nos xéneros do jazz, o rock, a cumbia e mesmo o pop. Neste último campo da música pop integrou o elenco do Club del Clan, entre 1962 e 1964. Escribiu case seiscentas cancións, obras de teatro e música para espectáculos e cinema.

Discografía 1961: Los Novarro y el Combo Tumbáh, Largo e Chico Novarro, RCA Vik. 1963: Zoológicamente el primero, RCA Vik. 1964: Un sombrero de paja, RCA Vik. Chico Novarro, Philips. El conde, Philips. 1968: La chispa de Chico, CBS Columbia. 1969: Música para mirar a Chico, CBS Columbia. 1969: Punto y aparte, Trova. 1970: No le vengo a vender, Trova. 1974: Para chicos de 5 a 50, Microfón. 1976: Que salga el autor, Microfón. 1976: Algo contigo, Microfón. 1978: El amor continúa, Microfón. 1978: Por fin al tango, Microfón. Es cosa mía (semi-recompilación). Mi mejor amante (semi-recompilación). 1994: Arráncame la vida, con Andrea Tenuta- 1994: Arráncame la vida, con Silvana Di Lorenzo. El Club del Clan: Chico Novarro, BMG.

Véxase tamén Ligazóns externas Chico Novarro, Sitio dedicado ao cantante Chico Novarro, Todo Tango

Categoría:Músicos da Arxentina Categoría:Nados na provincia de Santa Fe Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Cantantes de tango