O bambuco é un xénero musical propio de Colombia. Está considerado un dos máis representativos dese país, tanto é así que chegou a ser recoñecido entre os emblemas nacionais e como parte do folclore desta nación caribeña.

Características O seu ritmo, na partitura, básase nun compás binario con subdivisión ternaria (6/8), aínda que pode ser interpretado en compás ternario con subdivisión binaria o 3/4. O bambuco é unha composición baseada na co­pla e na toada cun certo aire mestizo. Trátase dun xénero moi descritivo, romántico e nostálxico, utilizado amplamente para expresar o orgullo e a altivez pola terra e a raza, tal como figura na letra da composición "Son colombiano" de Rafael Godoy.

Véxase tamén Ligazóns externas Bambuco, a música de Colombia Tras a pegada do Bambuco

Categoría:Xéneros musicais