Brook Robert Lopez, nado no barrio de North Hollywood, nos Ánxeles, o 1 de abril de 1988, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). Mide 2,13 metros e xoga na posición de pivote.

É irmán xemelgo de Robin Lopez, elixido polos Phoenix Suns no mesmo draft. Ambos os dous son fillos dun emigrante cubano, Heriberto Lopez, e da estadounidense Deborah Ledford, que foi olímpica en natación.

Traxectoria Universidade Xogou durante dúas tempadas xunto co seu irmán cos Cardinals da Universidade de Stanford. Na súa primeira tempada fixo 12,6 puntos, 6,0 rebotes e 1,7 tapóns, o que lle valeu para ser incluído no mellor quinteto de novatos da Pacific Ten Conference. Na súa segunda tempada liderou ao seu equipo en puntos (19,3 por partido), e rebotes (8,2), sendo o terceiro da liga en tapóns (2,1). En marzo de 2008, tanto el coma o seu irmán anunciaron a súa intención de presentarse ao Draft da NBA. No total da súa traxectoria universitaria fixo 16,0 puntos e 7,1 rebotes por partido.Ficha de Brook Lopez en TDR

Profesional Foi elixido na décima posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos New Jersey Nets, equipo polo que asinou contrato por dúas tempadas, con opción a outras dúas, por 1,7 e 1,8 millóns de dólares respetivamente as dúas primeiras campañas. Na súa primeira campaña na liga disputou o Rookie Challenge e foi incluído no mellor quinteto de rookies da liga tras facer 13 puntos, 8.1 rebotes e 1.9 tapóns, xogando os 82 partidos de liga regular. Rematou terceiro na votación do Rookie do ano da NBA.

O 22 de xuño de 2017, Lopez foi traspasado ós Los Angeles Lakers xunto os dereitos de Kyle Kuzma, a cambio de D'Angelo Russell e Timofey Mozgov.

O 17 de xullo de 2018, Lopez asinou cos Milwaukee Bucks.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Robin Lopez

Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1988 Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers