Grupo abeliano é unha novela de Xosé Cid Cabido publicada en 1999. Ese mesmo ano foi gañadora do Premio Blanco Amor de narrativa.

Trama A novela narra as peripecias dun grupo de seis ou sete amigos durante unha semana.

A historia comeza in medias res na mañá do primeiro día. O grupo de mozos está na sede do Goberno Civil, e alí convencen o gobernador para que evacúe o edificio e deixe o seu posto. Desde aí diríxense a unha lavandería, onde deixan a lavar os calcetíns, e despois mercan outros novos.

Deseguido continúan, durante sete días, improvisando en boa medida (agás unha visita a unha entidade bancaria) as súas accións: tanto as máis básicas (onde durmir e comer) como as máis lúdicas ou simplemente de entretemento.

Mediante o diálogo e a acción directa non teñen problemas para comeren sen pagar, recargar combustible, e mesmo conseguiren armas de fogo nunha comisaría.

Como fin inmediato teñen conseguir unha furgoneta para iren de viaxe cara ao norte, e cartos para viaxaren durante algúns meses.

Narración A narración está feita en primeira persoa por un dos protagonistas. É unha narración lineal, sen analepses nin prolepse.

Traducións Ao castelán por Sara Cid Cabido co título de Grupo abeliano publicado en 2000 por Alianza Editorial, Col. Alianza ficciónFicha en BiTraGa.

Notas

Categoría:Obras literarias de 1999 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras gañadoras do Premio Blanco Amor Categoría:Edicións Xerais de Galicia