Sort é un concello da provincia de Lleida, Cataluña, España. Foi capital do condado de Pallars, e hoxe é a capital da comarca do Pallars Sobirà. Está situada a beiras do río Noguera Pallaresa, afluente do Segre.
Demografía Sort ten un total de 2.238 habitantes, dos cales 1.151 son homes e 1.087 mulleres, segundo datos do INE 2006.
En 1717 incorpora Bressui; en 1842, Montardit de Baix; o 1857, a Bastida de Sort, Bernui, Castellviny, Llarvén, Olp, Pujal, Saurí i Sorre; en 1970, Enviny i Llessui; e en 1981, Altron.
Evolución demográfica 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2001 2005 946 998 1.109 930 808 874 1.209 1.835 1.496 1.511 1.718 1.829 2.113
Festas 24 de xaneiro - Feira das Peles 1 de maio - Aplec de la Mare de Déu del Soler 1 de agosto - Festa maior Última fin de semana de agosto- Festa Maior de Altron
Ligazóns externas Páxina web do concello
Categoría:Concellos da provincia de Lleida