Yves Chauvin, nado Menen, Bélxica, o 10 de outubro de 1930 e finado o 28 de xaneiro de 2015, foi un químico galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2005.

Traxectoria De cativo trasladouse cos seus pais, de nacionalidade francesa, á cidade de Tours. Estudou química na Escola Superior de Química, Física e Electrónica de Lión, onde se gradou en 1954. En 1960 uniuse ao Instituto Francés do Petróleo como enxeñeiro investigador en termodinámica e cinética aplicada. Conduciu a unidade de catálise homoxénea antes de converterse en director da investigación.

En 2006 Chauvin ostentaba o cargo de director honorario de investigacións no Instituto Francés do Petróleo en Ruel-Malmaison, preto de París, onde por outra banda é membro da Academia de Ciencias Francesa.

Investigacións científicas Autor de moitas publicacións no campo da síntese orgánica, especialmente en metátese, a oligomerización e a polimerización, partillou no 2005 o Premio Nobel de Química con Richard R. Schrock e Robert H. Grubbs polo seu traballo a principios dos anos 1970 sobre o desenvolvemento do método de metátese olefínica en síntese orgánica sobre os alquenos.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2005 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2005 Perfil de Yves Chauvin en NNDB Detalles sobre o Premio Nobel obtido Información xeral sobre o Premio Nobel do ano 2005 Fotografía oficial de Yves Chauvin

Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Químicos de Bélxica Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados na provincia de Flandres Occidental Categoría:Premios Nobel de Francia Categoría:Finados en 2015