George Bain, nado en 1881 en Scrabster e finado en 1968, foi un profesor de arte, especializado na arte celta e na arte insular.

En 1951 publicou Celtic Art: The Methods of Construction (Arte celta: os métodos de elaboración, publicado pola Ed. Toxosoutos en 2000). Tivo pouca repercusión nun primeiro momento, pero a súa reedición en 1971"The Continuum of Celtic Interlace" , artigo en www.celtarts.com . supuxo unha introdución aos nós celtas, as pedras pictas, o Book of Kells e o Book of Durrow. Describe e ilustra uns 200 exemplos históricos, e dá instrucións detalladas para crear deseños similares de espirais, entretecidos e figuras antropomorfas e zoomorfas, ademais de deseños das letras empregadas na Idade Media.

A súa obra foi seguida polo seu fillo Iain, enxeñeiro, que escribiu os libros Celtic Knotwork e "Celtic Key Patterns"Celtic Knotwork" , North Carolina State University ..

Obra Arte celta: os métodos de elaboración. Ed. Toxosoutos, 2000. ISBN 84-95622-04-1.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

https://georgebain.groamhouse.org.uk http://www.groamhouse.org.uk/index.asp?pageid=36914 Sharing the world of George Bain: Father of modern Celtic design – Museum Crush https://web.archive.org/web/20080418011812/http://www.timespan.org.uk/GeorgeBain-AHighlandHomecoming.shtml https://web.archive.org/web/20111127030347/http://scottishartblog.com/2011/11/17/george-bain/

Categoría:Historiadores da arte Categoría:Nados en Escocia Categoría:Nados en 1881 Categoría:Nados en 1968