Afonso VI de Portugal, nado en Lisboa o 21 de agosto de 1643 e finado na mesma cidade o 12 de setembro de 1683, foi rei de Portugal dende o 6 de novembro de 1656 ata a súa morte, se ben deixou de gobernar dende 24 de novembro de 1667, sendo rexido polo seu irmán, príncipe Pedro. Recibiu o alcume de O Vitorioso, por que no seu reinado Portugal venceu a España en varias batallas da Guerra da Restauración Portuguesa. Morreu sen descendencia.

Categoría:Reis de Portugal Categoría:Dinastía de Bragança Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1643 Categoría:Finados en 1683