O plygain é un servizo relixioso propio do día de Nadal en Gales, celebrábase, e nalgunhas aínda se celebra, nas igrexas parroquiais moi de mañá, entre as tres e ás seis, esta última hora era a máis habitualTrefor M. Owen Folclore galés. Laiovento, 1997, páxina 42.
Etimoloxía Plygain, e as formas arcaicas pylgain e pylgaintGwymfryn Richards Y Plygain. Journal Historical Society Church in Wales, 1, páxina 53, procede do latín pulli cantus (canto do galo) The Welsh Academy Encyclopaedia of Wales. University of Wales Press, 2008, páxina 687.
Historia O plygain ten a súa orixe nun oficio matinal ordinario que se celebraba no século XVI pero que logo da Reforma protestante acabou ocupando o lugar da misa católica da media noite, a misa do galo e na que se introduciu tras a tradución da Biblia ao galés o canto de panxoliñas nesa lingua. Celebrouse en todo o país de Gales, e foi das poucas cerimonias tradicionais que seguiron a manter as igrexas non conformistas, moi fortes en Gales. Nalgunas comarcas celebrábase nos templos católicos, ás que asistían tamén o pastor e os fregueses protestantesTrefor Ml Owen Folclore galés. Laiovento, 1997, páxina 47. Na maior parte de Gales o plygain deixou de se celebrar a fins do século XIX, aínda así mantívose nalgunhas parroquias, especialmente no Val de TanatRonald Hutton The Rise and Fall of Merry England: The Ritual Year 1400-1700. Oxford University Press, 2005, páxina 107, e noutras reintroduciuse modernamente, no caso da Igrexa en Gales, a igrexa anglicana de Gales, polo labor de Enoid Morgan e Canon Geraint Vaughan Jones Brendan O'Malley A Celtic Primer: The Complete Celtic Worship Resource and Collection. 2ª ed. SCM-Canterbury Press, 2002, páxina 124.
Celebración Cada lugar mantiña as súas propias tradicións canto á celebración do plygain, nalgúns lugares adoitánbase facer antes da celebración caramelos de melaza, coñecidos como cyflaith, noutros lugares era típico organizar antes do plygain o cynhwyllau, no que a xente bailaba e cantaba ao son da arpa. Máis común era o costume de iren os fregueses con fachos ou candeas acesas polas aldeas e vilas, nuns lugares desorganizadamente e noutros nunha procesión ordenada acompañando ao párroco ata a igrexa, deixando que eses fachos ou candeas iluminasen a igrexa, o que se converteu nun dos símbolos da celebración, ata o punto que en sitios onde se perdera a celebración do plygain mantívose, non obstante, o costume de decorar a igrexa con candeas no Nadal. Nalgúns lugares, como Llanfyllin, realizábanse candeas especiais para ese día, denominadas canhwyllau plygain.
O servizo do plygain variaba moito dependendo da parroquia, nalgunhas o sacerdote realizaba o sermón, noutras constituía un completo servizo matinal, e noutras a xente comungaba, pero o que a caracterizaba era o canto de panxoliñas, tradicionais ou novas realizadas por poetas locais pero de tema tradicional, cantábanas individuos ou familias, sempre sen acompañamento.
Notas
Categoría:Nadal Categoría:Cultura de Gales