Adosinda Guterrez, nada contra o ano 910 e finada despois do 941, foi raíña consorte do Reino de Galicia polo seu matrimonio con Ramiro II.
Traxectoria Filla do duque-conde Gutier Osoriz e Aldonza Menéndez naceu arredor do ano 910. Cara o ano 923 casou con Ramiro II, que pouco despois pasaba a ser rei de toda Galicia, do seu matrimonio naceu Ordoño Ramírez, que máis tarde había herdar a coroa galega e sendo coñecido co nome de Ordoño III.
Despois da súa separación de Ramiro II cara o 933, ingresou como relixiosa no mosteiro de San Salvador de Celanova, aínda así a súa familia seguiu fortemente ligada ao monarca. En 934 está docmentada, Urraca Sánchez como nova muller de Ramiro II.
Adosinda morreu despois do ano 941.
Descendencia Do seu casamento co rei Ramiro II tivo a: Bermudo Ramírez, finado no 941. Ordoño III (925 - 956) que sucedeu ao seu pai e casou entre 945 e 951 con Urraca Fernández, filla de Fernán González, conde de Castela. Tareixa Ramírez, infanta de León (morta ca. 952) e esposa do rei de Navarra Sancho Garcés I.
Categoría:Reis de Galicia Categoría:Nobres de Galicia do século X