O Camp NouO estadio chámase oficialmente Camp Nou, que significa Campo Novo en catalán. Ás veces emprégase erroneamente a denominación Nou Camp. é un estadio de fútbol situado no distrito de Les Corts da cidade de Barcelona, Cataluña. É o estadio do Futbol Club Barcelona. No momento da súa inauguración, en 1957, foi bautizado simplemente como Estadio do FC Barcelona. Non foi ata o ano 2001 en que se adoptou oficialmente o nome actual, que é a denominación coa que popularmente sempre foi coñecido.
Cunha capacidade actual de 99.354 espectadores, é o estadio con máis capacidade de Europa e o sexto do mundo. Ten, desde 1998, a máxima cualificación (5 estrelas) que a FIFA pode outorgar a un estadio, sendo o primeiro estadio español en conseguir esta categoría.
Historia O Camp Nou foi inaugurado o 24 de setembro de 1957. Foi creado polo ex dono do barcelona Joan Gamper. Organizáronse unha serie de actos conmemorativos e un partido de fútbol amigable entre o FC Barcelona e a Selección de Varsovia (Legia Warszawa), que concluíu con vitoria do conxunto local por 4-2. O primeiro gol do partido e, xa que logo, o primeiro gol na historia do Camp Nou marcouno o barcelonista Eulogio Martínez.
O primeiro partido oficial que acolleu o Camp Nou tivo lugar o 6 de outubro de 1957 e enfrontou o FC Barcelona co Real Jaén, en partido correspondente á cuarta xornada da Liga española de fútbol. O resultado foi de 6-1 a favor dos locais.
220px|Vista exterior do estadio|miniatura|esquerdaO Camp Nou foi obxecto de diversas remodelacións. A primeira tivo lugar en 1981, na que se ampliou o estadio con vistas á Copa Mundial de Fútbol de 1982 que se disputou en España. O aforamento do estadio situouse entón en 120.000 espectadores. A segunda remodelación tivo lugar en 1994, para adecualo ás normativas da UEFA, que obriga a que todas as localidades sexan de asento. Iso obrigou a rebaixar o nivel do céspede para que, coa desaparición das zonas do montón, o estadio perdese o menor número de localidades posible. O aforamento situouse nas actuais 98.934 localidades, todas de asento.
En setembro de 2007, coincidindo co 50 aniversario da inauguración, o club puxo en marcha o proxecto de remodelación máis importante da súa historia para poder afrontar as necesidades actuais. Esta remodelación aumentará o seu número de localidades ata máis de 113.000.
Eventos sociais e musicais O Camp Nou tamén foi escenario de varios eventos sociais e musicais, como os seguintes: 24 de xuño de 1981: Concerto 'Som una nació' organizado pola Crida a la Solidaritat, coa actuación de Lluís Llach, La Trinca, Marina Rossell e Al Tall. 7 de novembro de 1982: Misa oficiada polo Papa Xoán Paulo II. 6 de xullo de 1985: Concerto de Lluís Llach. Xullo de 1988: Concerto de Frank Sinatra. 3 de agosto de 1988: Concerto de Bruce Springsteen. 9 de agosto de 1988: Concerto de Michael Jackson. 8 de setembro de 1988: Concerto de Julio Iglesias. 10 de setembro de 1988: Macroconcerto en favor dos Dereitos Humanos, organizado por Amnistia Internacional, con actuacións de Bruce Springsteen, Sting, Peter Gabriel, Youssou N'Dour, Tracy Chapman e El Último de la Fila. 13 de xullo de 1997: Concerto dos Tres Tenores: Josep Carreras, Plácido Domingo e Luciano Pavarotti. 1 de outubro de 1999: Concerto de Josep Carreras, no marco dos actos do Centenario do FC Barcelona. 7 de agosto de 2005: Concerto de U2, no marco da súa xira "Vertigo Tour". 19 e 20 de xullo de 2008: Bruce Springsteen, realiza os dous últimos concertos da súa xira "Magic". 30 de xuño e 2 de xullo de 2009: Concertos de U2, no marco da súa xira "360° TOUR". 29 de xuño de 2013: Concert per la Llibertat, organizado por Òmnium Cultural e outras entidades da sociedade civil en defensa do dereito a decidir do pobo de Cataluña. 14 de xuño de 2016: Concerto de Bruce Springsteen, no marco da súa xira "The River tour".
Situación e accesos O Camp Nou está situado ao sur do extremo oeste da Avinguda Diagonal, no barrio de La Maternitat do distrito de Les Corts de Barcelona. Ocupa o espazo comprendido entre a Avinguda Joan XXIII (norte) e as rúas de La Maternitat (leste), Travessera de les Corts (sur) e Arístides Maillol (oeste).
Pódese acceder ao estadio en transporte público, mediante metro, tranvía e autobús:
Transporte Estacións e liñas 20px Metro 20px Palau Reial20px Maria Cristina20px Les Corts20px Badal20px Collblanc 20px Trambaix 20px 20px 20px Avinguda de Xile20px 20px 20px Palau Reial20px 20px 20px Pius XII Autobús 20px V1, V3, H6, H8, D20, 7, 33, 52, 54, 59, 63, 67, 70, 75, 78, 113, 15720px M1240px N2, N3, N12, N14
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Web oficial: información e imaxes sobre a reconstrución do Camp Nou
Categoría:Estadios de fútbol de Cataluña Categoría:Estadios 5 estrelas da UEFA Categoría:Instalacións do FC Barcelona Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 1982 Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 1964 Categoría:Deporte en Barcelona