Ricardo Frade Giráldez, nado en Touro en 1877 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1940, foi un escritor galego.
Traxectoria Fillo de Cayetano Frade Rial e Antonia Giráldez Pérez. Poeta, narrador e dramaturgo. A súa obra está vinculada ao Movemento Dramático Rexional, que apostaba pola recreación da Galicia rural. Colaborou na Revista Gallega onde publicou un poema e unha narración breve en castelán e na revista Nós. Foi coñecido polas súas obras teatrais, cualificadas como costumistas, nas que aparece tamén o caciquismo. En 1936 participou na creación da Asociación de Escritores de Galicia. Finou en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1940.Necrolóxica en El Compostelano, 30-7-1940, p. 2.
Obra ¿Te acuerdas...?, 1901 (Prosa e verso en castelán). O Tempo..., 1901 (Poesía). O rei da carballeira, 1917 (Teatro comedia, inicialmente en dous actos., estrea no Círculo Mercantil de Santiago o 6/01/1918; en unha 2ª edición en tres actos de 1932). Rosiña, 1918 (teatro monólogo, estreada no Círculo Mercantil de Santiago o 06/01/918). ¡Vaites... vaites!, 1918 (Teatro) (estrea 18/04/1918 Teatro Principal de Santiago por "Cativezas"). Finalista no concurso das Irmandades da Fala de Betanzos, o primeiro premio queda deserto por diferenzas no xurado. Radiarase en EAJ-4 Unión Radio Galicia en 1933 co seu amigo "O Vello dos Contos" e Antón Fraguas. Morriña, 1919 (Poesía lida nas vodas de prata do Círculo Mercantil e Industrial de Santiago 23 de abril de 1919). A Copla, 1923, (Teatro). Estrea no Salón Teatro de Santiago o 12/01/1923. Conto D' Amores, 1927 (Poesía). Cousas de Estudiantins , 1933 (conto). Vidas Silvestres, 1933 (conto). ¡Recordemos!: (pra tí soia i-en segredos..), 1935 (Poesía publicada en Nós).
Vida persoal
Casou en 1885 con María Peña Pita e foron pais de Ricardo Higinio (1907-2000), Concha (n. 1910), José (1912-1940), Rafael (1914-1936), Daniel (1916-1917) e María Esther (Maruxa) Frade Peña (n. 1922).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Rafael Frade Peña (fillo)
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Nados en Touro Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público