Manlleu é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Pertence á comarca de Osona. Ten unha poboación de máis de 20.000 habitantes e unha superficie de 17,2 km².
O río Ter definiu os límites da paisaxe do termo así como o seu desenvolvemento urbano.
A creación do Canal industrial de Manlleu entre os anos 1841 e 1848 impulsou o inicio do desenvolvemento económico da comarca. A actividade industrial, que ocupa preto dun 60% da poboación activa, forxou a personalidade da poboación durante máis de 150 anos.
Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008 5.8236.5477.29413.16915.90417.52020.450
Economía A agricultura e a gandería perderon hoxe a importancia que tiveron noutras épocas. O sector principal da economía é o industrial, moi diversificado (metalúrxica, alimentaria, química...). A industria téxtil, que foi a actividade básica nos séculos XIX e XX, desapareceu co peche nas décadas de 1980 e 1990 das grandes fábricas de fiaturas.
Lugares de interese Igrexa románica de Santa María Ponte de Can Molas sobre o Ter Praza porticada de Fra Bernardí Ermida de San Xaime Santuario de Puig-agut Igrexa románica de Sant Julià de Vilamirosa Igrexa románica de Vilacetrú Museo Industrial do Ter Museo Municipal de Manlleu Cau Faluga Passeig del Ter
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya