Laura Caveiro, nada en Vigo en 1967, é unha escritora galega.

Traxectoria Dase a coñecer escribindo relatos, con "Lúa chea" acada en 1986 un accésit no concurso de contos da Casa da Xuventude de Ourense. En 1993 colabora na emisora de Radio ECCA, no programa de literatura Os mundos de Horacio Oliveira, e desde 2002 co suplemento literario Faro da Cultura, e colaborou tamén con La Voz de Galicia e Grial como crítica literaria.

Obras Narrativa Polas inmensas e alleas fortunas, 1995, Xerais. As naos afondando, 2000, Liceo Rubia Barcia.

Obras colectivas Narradoras, 2000, Xerais. Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Escrita contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG. Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Premios Accésit no concurso de contos da Casa da Xuventude de Ourense no 1986, por Lúa chea. I Premio de Novela Cidade de Ferrol-Liceo Rubia Barcia no 1999, con As naos afondando.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da autora en Xerais

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1967