miniatura|Hermes co neno Dioniso no colo, por Praxíteles miniatura|Apolo sauróctonos (matador de saurios), Museo do Louvre, copia romana en mármore século I-II, segundo orixinal grego, 1,49 m de alto miniatura|Tipo de Afrodita Cnidia (chamada “Afrodita Braschi”), copia libre (século I a. C.) dunha estatua votiva de Praxíteles en Cnido (c. 350-340 a. C.) Praxíteles (grego antigo: Πραξιτέλης) de Atenas, fillo de Cefisodoto o Vello, nado en Atenas cara o 361 a. C.,Corso (2004), p. 111 foi o máis renomeado escultor clásico ático do século IV a. C. Coa obra de Praxíteles a escultura grega evolucionou dende o clasicismo cara a unha especie de cedo manierismo, ao acentuar o sensualismo. As súas obras están caracterizadas pola chamada karis (graza) ática e a chamada «curva praxiteliana» consistente nun elegante contrapposto.
Foi o primeiro en esculpir a forma feminina espida nunha estatua a tamaño natural. Aínda que non queda ningunha escultura que sexa atribuíble sen dúbidas a Praxíteles, numerosas copias das súas obras sobreviviron; autores contemporáneos, incluíndo a Plinio o Vello, escribiron sobre as súas obras; e sobreviviron moedas gravadas con siluetas de varios dos seus modelos estatuarios.
Unha suposta relación entre Praxíteles e a súa fermosa modelo, a cortesá tespia Friné, inspirou especulación e interpretación en obras de arte que van dende a pintura (Gérôme) á ópera cómica (Saint-Saëns) ou as marionetas (Charles Maurice Donnay).
Algúns escritores sostiveron que houbo dous escultores co nome de Praxíteles. Un sería contemporáneo de Fidias e o outro o seu máis coñecido neto. Aínda que a repetición do mesmo nome en xeracións sucesivas é habitual en Grecia, non hai evidencia certa para ningunha das posicións.
Traxectoria Poucas cousas sábense da vida de Praxíteles: non se sabe sequera con certeza o ano do seu nacemento nin o da súa morte. As fontes literarias son abondosas mais tardías, ningunha delas é anterior ao século III.Ajootian , p. 92.
Nado en Atenas cara ao 395 a. C., formado xunto ao seu pai Cefisódoto o Vello, desenvolveu a súa máxima actividade artística entre os anos 370 e 340. Plinio o Vello sitúa o seu apoxeo artístico despois da 104.ª olimpíada (isto é, en 364 a 361 a. C.) e sinala que Eufranor foi un escultor contemporáneo seu.Naturalis Historia de Plinio (XXXIV, 50). Esta proposta cronolóxica está corroborada pola base dunha estatua asinada por Praxíteles, que leva a dedicatoria de «Kléiokratéia, muller de Spoudias»: este Spoudias é coñecido como o adversario de Demóstenes nunha alegación que data de 361 a. C.Contre Spoudias . Pasquier, «Éléments de biographie», p. 23. Pausanias di respecto diso «a terceira xeración despois de Alcámenes»,Descrición de Grecia, de Pausanias (VIII, 9, 1). alumno de Fidias, polo grupo dos Letoidas de Mantinea. Considérase xeralmente que Praxíteles naceu cara ao ano 400 a. C.Pasquier , «Éléments de biographie», p. 19 ; Muller-Dufeu, p. 481 ; Rolley, p. 242.
Estivo asociado con Friné, unha famosa cortesá que lle serviu de modelo e que tamén, posiblemente, foi a súa amante. Esta circunstancia podería probar que se trataba dun artista con recursos económicos, como tamén o amosaría o feito de que fose honrado co padroado dun dos coros de Atenas, algo que se debía pagar. Foi tamén popular entre o pobo, que gustaba de adquirir os seus traballos aínda que Praxíteles non fose inclinado a iso.
Estilo praxiteliano Cómpre nomear cinco puntos de composición que semellan ter unha orixe praxiteliana; con todo, non hai ningunha conclusión definitiva. Unha liña moi flexible divide figuras se se traza no medio de arriba a abaixo; todos tenden a estar reclinados Están adaptados para verse de fronte e de costas, máis que dende os caróns Árbores, drapeados e outros elementos semellantes empréganse como apoio para as figuras de mármore, e inclúense no deseño en lugar de ser estraños a el As caras aparecen nunha vista de tres cuartos A estatua atopouse no mesmo lugar no que a describiu Pausanias.
Obra Afrodita saíndo do baño ou Afrodita Cnidia (Venus de Cnido, cuxa modelo semella ser Friné). O modelo tivo grande aceptación e foron demandadas moitas copias. Na actualidade consérvanse máis de cincuenta. Eubuleus de Eleusis. Sátiro escanciador. O amor de Tespis ou Tánatos ou Xenio da morte Faunos. Dionisos. Base con relevos das musas de Mantinea.
E as súas obras de madurez: Hermes co neno Dioniso no colo, que segundo a maioría dos historiadores, sería a única obra orixinal de Praxíteles conservada hoxe día. Obra de madurez. Apolo Sauróctono Apolo Liceo Artemisa Brauronia
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
De Azcárate Ristori, J. M.ª, e outros Historia del arte, Anaya, Madrid, 1986. ISBN 84-207-1408-9 Pijoán, José, El arte griego. Summa Artis. Historia general del arte. vol. IV, Espasa-Calpe, Madrid, 1965.
Categoría:Personalidades da escultura Categoría:Escultores da arte grega antiga