O monte Everest, coñecido localmente como Sagarmatha ou Qomolangma, é a montaña máis alta da Terra medida desde o nivel do mar, situada na subcordilleira Mahalangur Himal dos Himalaias. O seu punto máis alto marca a fronteira entre China e Nepal. A súa elevación (altura da neve) de 8848.86 m foi establecida recentemente en 2020 polas autoridades chinesas e nepalíes.

O monte Everest atrae a moitos escaladores, incluídos montañeiros moi experimentados. Hai dúas rutas principais de escalada, unha que se achega á cima desde o sueste no Nepal (coñecida como a ruta estándar) e a outra desde o norte no Tíbet. Aínda que a ruta estándar non expón grandes dificultades técnicas de escalada, o Everest presenta perigos como o mal de altura, o clima e o vento, así como os riscos das avalanchas e a fervenza de xeo do Khumbu. Até maio de 2024, 340 persoas morrerón no Everest. Máis de 200 corpos permanecen na montaña e non foron retirados debido ás perigosas condicións.

Os escaladores normalmente ascenden só unha parte da elevación do monte Everest, xa que a elevación total da montaña mídese desde o xeoide, que se aproxima ao nivel do mar. O mar máis próximo á cima do monte Everest é a baía de Bengala, a case de distancia. Para aproximarse a unha escalada de toda a altura do monte Everest, un tería que empezar desde esta costa, unha fazaña lograda polo equipo de Tim Macartney-Snape en 1990. Os escaladores adoitan comezar o seu ascenso desde os campamentos base situados por encima dos 5000 m. A cantidade de escalada desde debaixo destes campamentos varía. No lado tibetano, a maioría dos escaladores van directamente ao campo base norte. No lado nepalí, os escaladores adoitan voar a Katmandú, logo a Lukla, e camiñar até o campo base sur, o que fai que a subida desde Lukla até a cima supoña un desnivel duns 6000 m.

Os primeiros intentos rexistrados por alcanzar a cima do Everest foron realizados por alpinistas británicos. Como Nepal non permitía a entrada de estranxeiros no país naquela época, os británicos realizaron varios intentos pola ruta da crista norte desde o lado tibetano. Tras a primeira expedición de recoñecemento británica en 1921, que alcanzou os 7000 m no Cerro Norte, a expedición de 1922 avanzou pola ruta da crista norte até os 8320 m, o que supuxo a primeira vez que un ser humano superaba os 8000 m. A expedición de 1924 deu lugar a un dos maiores misterios do Everest até a data: George Mallory e Andrew Irvine fixeron un último intento de ascensión á cima o 8 de xuño, pero nunca regresaron, o que desatou o debate sobre se foron os primeiros en alcanzar o cumio. Tenzing Norgay e Edmund Hillary realizaron a primeira ascensión documentada do Everest en 1953, utilizando a ruta da crista sueste. Norgay alcanzara os 8595 m o ano anterior como membro da expedición suíza de 1952. O equipo chinés de alpinistas formado por Wang Fuzhou, Gonpo e Qu Yinhua realizou o primeiro ascenso da cima desde a crista norte o 25 de maio de 1960..

A montaña foi nomeada Everest en honra de Sir George Everest, xeógrafo británico, en 1865. Toponimia O Everest é coñecido no Nepal como Sagarmāthā ("a fronte do ceo"), no Tíbet como Chomolungma ou Qomolangma ("nai do universo") e na China como Zhūmùlǎngmǎ Fēng.

Nun mapa de 1733 sobre o Tíbet e Bután elaborado polo xeógrafo e cartógrafo francés Jean Baptiste Bourguignon d'Anville rexístrase o nome tibetano da montaña: Tchomour langmac, representación fonética para Chomolungma.

A finais do século XIX, moitos cartógrafos europeos crían erroneamente que o nome nativo da montaña era Gaurishankar, que é unha montaña entre Katmandú e o Everest.

En 1865, a Royal Geographical Society deulle ao Everest o seu nome occidental oficial por recomendación de sir Andrew Waugh, topógrafo xeral británico da India en honra do seu antecesor no cargo, sir George Everest. Este argumentara en 1857 contra ese nome manifestando que a poboación local ía ter problemas coa pronuncia do nome proposto por Waugh. A pesar das obxeccións, prevaleceu o nome. Curiosamente, a pronuncia actual de "Everest" (/ˈɛvᵊrᵻst/) difire da pronuncia orixinal do apelido de sir George Everest (/ˈiːvrᵻst/ EEV-rist).

O nome tibetano para o monte Everest é (AFI: [t͡ɕʰòmòlɑ́ŋmɑ̀] lit. "nai do universo"), con transcrición oficial en tibetano pinyin Qomolangma. Tamén é romanizado popularmente como Chomolungma e (en wylie) como Jo-mo-glang-ma ou Jomo Langma. A trasliteración en chinés é 珠穆朗玛峰 (t 珠穆朗瑪峰) transcrito en pinyin como Zhūmùlǎngmǎ Fēng ("pico Chomolungma"). Con menor frecuencia, tamén se traduce ao chinés simplemente como Shèngmǔ Fēng t 聖母峰 (s 圣母峰 lit. "pico santa nai"). En 2002, o xornal chinés Diario do Pobo publicou un artigo en contra do uso constante do nome occidental "monte Everest", insistindo en que debería empregarse o seu nome tibetano "monte Qomolangma" baseado na transcrición oficial do nome local nesa lingua. O xornal argumentaba que os colonizadores británicos non descubriran a montaña "por primeira vez", xa que era ben coñecida polos tibetanos e se atopaba marcada en mapas chineses dende o ano 1719.

A principios da década de 1960, o goberno do Nepal deuse de conta de que o monte Everest non tiña nome nepalés. Iso é así porque a montaña non era coñecida no val de Katmandú e áreas circundantes, e comezou a procurar un nome. O nome tibetano dos sherpas non era aceptable, xa que ía en contra da política de nepalización do país, así que inventou un novo, Sagarmatha (सगरमाथा), creado por Baburam Acharya.

Medida da súa altitude miniatura|esquerda|Everest visto desde KalarPatar. Ata 1865 as autoridades coloniais británicas das Indias, denominaban ao monte Everest coma Peak XV (Pico XV).

Radhanat Sikdar, un matemático e topógrafo indio do Bengal, foi o primeiro en identificar o Everest coma o cumio máis alto do mundo, por cálculos trigonométricos en 1852. A súa altitude foi entón estimada en 29.002 pés (en vez dos 29.035 reais), cálculos que foron feitos públicos por Sir Andrew Waugh, gobernador xeral da India colonial británica desde 1843.

No 1865, o mesmo Andrew Waugh bautiza o Peak XV co nome do seu predecesor a gobernador xeral, Sir George Everest (1790-1866), gobernador de 1830 a 1843. Desde entón, o nome de monte Everest establécese en todas as linguas occidentais. Certos indios pensan que o cumio debería de se chamar Sikdar, e non Everest, a fin de render xustiza ao autor dos cálculos de 1852.

A altitude de 8848 m foi determinada por un estudo indio realizado en 1955, achegándose máis á montaña e empregando teodolitos. Esa altitude foi ratificada en 1975 por unha medición chinesa. En ambos os casos mediuse a cima de neve e non de rocha.

Unha medida GPS efectuada en maio 1999 por unha expedición estadounidense dirixida por Bradford Washburn e aceptada pola National Geographic Society situou a altura do Everest en 8850 metros. Outra medición tomada en 2005 pola República Popular da China con aparellos máis modernos reflectiron como medida a de 8844,43 cun índice de erro non superior a 30 centímetros. En 2020, un estudo conxunto do Nepal e a China deu como altitude 8848,86 m

O monte Everest aínda se está a elevar e a mover cara ao nordés a causa da tectónica de placas da zona do sur de Asia. Dúas fontes, suxiren que a velocidade de movemento é de 4 mm ao ano en elevación e 3-6 mm cara ao nordés.

Ascensións Os primeiros esforzos documentados en alcanzar o cumio do Everest foron feitos por alpinistas británicos. Como o Nepal prohibiu o acceso dos estranxeiros naquel momento, os británicos fixeron varios intentos pola ruta da aresta norte do lado tibetano. A primeira expedición británica de recoñecemento ao Everest, en 1921, acadou apenas os 7000 m polo collado norte. A expedición de 1922 alcanzou 8320 m pola ruta da aresta norte, a primeira vez que un humano escalaba por riba dos 8000 metros. Durante o descenso polo collado norte, a traxedia golpeounos cando sete porteadores morreron nunha avalancha. A Expedición Británica de 1924 resultou nun misterio: George Mallory e Andrew Irvine fixeron un ataque final ao cumio o 8 de xuño, mais non regresaron, xerando dúbidas sobre se foron os primeiros en alcanzar a cima. Ese día foron vistos no alto da montaña, mais desapareceron entre as nubes e non se lles volveu ver ata que o corpo de Mallory foi atopado en 1999 a 8155 m na cara norte.

Durante a expedición anglo-neozelandesa de 1953 dirixida por John Hunt, Tensing Norgay e Edmund Hillary lograron o 29 de maio o primeiro ascenso oficial empregando a ruta da aresta sueste. Tensing alcanzara os 8595 m un ano antes, como membro da expedición suíza de 1952. O equipo de montañeiros chineses composto por Wang Fuzhou, Gongbu e Qu Yinhua lograron o primeiro ascenso documentado do pico dende a aresta norte o 25 de maio de 1960.

En 1975 a xaponesa Junko Tabei foi a primeira muller en acadar o cumio e en 1978 tivo lugar a primeira ascensión sen osíxeno por Reinhold Messner e Petar Habelar. O mesmo Reinhold Messner fixo en 1980 a primeira ascensión en solitario.

Alison Hargreaves foi a primeira muller en ascender o Everest sen osíxeno (1995)

miniatura|210px|Everest visto desde a Estación Espacial Internacional.

Estatísticas Ata a fin de 2017, 4833 persoas escalaron a cima nun total de 8306 ascensións, o que significa que 3473 ascensións as realizaron persoas que subiron en máis dunha ocasión, a maioría delas sherpas. Delas, 536 foron logradas por mulleres.

288 persoas (115 delas, sherpas) morreron no intento entre 1921 e 2017. As condicións da montaña son tan difíciles que a gran maioría dos corpos permanecen na montaña. Moitos deles son visibles desde as vías de ascenso habituais e algúns serven como puntos de referencia.

Clima O clima do Everest é extremo. En xaneiro, o mes máis frío, a temperatura media no cumio é de -36 °C podendo baixar incluso ata os -60 °C. En xullo, o mes máis cálido, a temperatura media no cumio é de -20 °C. Porén estas temperaturas xa de por si extremas co efecto do vento a sensación térmica é dunha temperatura moito máis baixa.

Cronoloxía miniatura|esquerda|170px|Everest visto desde Rombok Gompa (Tíbet). 1841: O coronel George Everest, Topógrafo Xeral na India, bautiza provisionalmente a montaña como Pico XV. 1852: Cálculos da Great Trigonometrical Survey levan a concluír que se trata da montaña máis alta da Terra. 1921: Primeira expedición británica no Everest. 1924: O 8 de xuño George Mallory e Andrew Irvine parten rumbo ao pico e desaparecen na néboa. Nunca se soubo se chegaron ou non. 1953: Na mañá do 29 de maio, o apicultor neozelandés Edmund Hillary e o sherpa Tenzing Norgay chegan ao pico. 1995: Waldemar Niclevicz e Mozart Catão son os primeiros brasileiros en atinxir o cume do Everest, ás 11h 22m do día 14 de maio. 1996: O porriñés Jesús Martínez Novás convértese no primeiro galego en subir o Everest (e sen osíxeno). 1996: Maior número de alpinistas mortos nun só ano: quince. 1999: O corpo de Mallory é atopado con obxectos persoais, mais sen a foto da esposa, que prometera deixar no pico. 1999: En maio, João Garcia é o primeiro portugués en atinxir o pico (e sen osíxeno adicional), mais pérdese no descenso (o seu colega de escalada belga morre na descendida) e é rescatado polo matrimonio brasileiro Helena e Paulo Rogério Coelho. Após unha longa hospitalización sobrevive, mais perde parte de nove dedos e parte do nariz. 1999: O 26 de maio a galega Chus Lago é a primeira muller galega, e terceira do mundo, en realizar a ascensión sen osíxeno artificial.

Conmemorando o ascenso protagonizado por Hillary e Norgay, o 29 de maio celébrase o Día Internacional do Everest.

Rutas de ascenso miniatura|dereita|300px|As dúas principais rutas de ascenso, a suroeste (laranxa) e a nordés (amarelo).