miniatura|Fachada de Giacomo della Porta da igrexa do Gesù, un precursor do barroco A igrexa do Gesù (en italiano, Chiesa del Sacro Nome di Gesù, ou Igrexa do Santo Nome de Xesús) situada na praza del Gesù en Roma, é a igrexa nai da Compañía de Xesús, coñecida coma os xesuítas, unha orde da Igrexa Católica. A súa fachada está recoñecida coma «a primeira verdadeiramente barroca»Nathan T. Whitman, «Roman Tradition and the Aedicular Façade» The Journal of the Society of Architectural Historians 29.2 (Maio de 1970), (pp. 108-123) p 108. e foi o modelo de innumerables igrexas xesuítas en todo o mundo, especialmente no continente americano.
Legado A igrexa do Gesù foi o modelo para varias igrexas da Compañía de Xesús por todo o mundo, comezando pola Catedral de Córdoba (Argentina) (1580), a igrexa de San Miguel de Múnic (1583-1597), a igrexa do Corpus Christi en Niasviž (1587-1593) e maila Igrexa da Compañía en Quito (1605). Varias parroquias comparten tamén o nome de igrexa do Gesù.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Igrexa do Gesù (Roma) - Página web dos xesuítas (en italiano e en inglés) Igrexas de Roma: Gesù Imaxe da igrexa tomada por satélite
Categoría:Arquitectura barroca Categoría:Compañía de Xesús Categoría:Igrexas católicas de Italia Categoría:Arquitectura en Roma Categoría:Arquitectura do século XVI