Casares de las Hurdes é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado na comarca de Las Hurdes, ao norte da provincia de Cáceres. A capital municipal está situada na localidade homónima.

Historia Casares de las Hurdes, antigamente coñecido como Los Casares, está poboado desde a Prehistoria, como se pode observar polos petróglifos de La Sepultura de la Mora en Huetre e La Mano de Niño en Casarrubia.Historia Ayuntamiento de Casares de las Hurdes

O concello creouse entre 1842 e 1842, ao escindirse de Nuñomoral. En 1916, o Conde de Romanones cambiou o nome do concello polo nome actual.

O rei Afonso XIII visitou Las Hurdes en 1922 acompañado por Gregorio Marañón para coñecer a situación da comarca. O rei e os seus acompañantes aloxáronse en tendas militares preto de Casares de las Hurdes.

Patrimonio e cultura Igrexa parroquial do Santísimo Sacramento. Arquitectura tradicional en Huetre. Ponte en Casarrubia. Petróglifos. Rutas sendeiristas. Miradoiro de Casares de las Hurdes.

Festas Sagrado Corazón de María, en Robledo. Cristo Bendito e Nosa Señora das Dores. Virxe da Milagrosa, en Casarrubia. Cristo Rei, en Huetre.

Demografía Evolución da poboación do concello dende 1900 ata 2008:

Alquerías Como outros concellos da zona a súa poboación está dispersa, entre o núcleo principal, onde se sitúa o pazo do concello e outras localidades, chamadas alquerías.

Nome oficial Pob. (2011)Nomenclátor Instituto Nacional de Estadística Nome tradicional en estremeño Casares de las Hurdes 153 Casaris Carabusino 63 Carabusinu Casarrubia 46 Jurdi Heras 33 Las Heras Huetre 182 La Güetri Robledo 53 Robréu TOTAL 530

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web da Mancomunidad de Las Hurdes

Categoría:Concellos da provincia de Cáceres