El camino de San Diego é unha película arxentina-española de 2006, dirixida por Carlos Sorín. Foi estreada o 14 de setembro de 2006, en Buenos Aires.
Foi filmada na provincia de Misiones e trátase basicamente dunha “road movie”. O relato está ambientado no 2004, cando o futbolista arxentino Diego Maradona foi internado por graves problemas cardíacos, e miles de persoas se mobilizaron até o hospital no que estaba sendo atendido, para pedir pola súa saúde e expresarlle o seu afecto.
Sinopse Conta a historia de Tati Benítez, un humilde traballador da madeira, que vive nunha pequena poboación rural na norteña provincia de Misiones, que está en paro, ten á súa muller (Paola Rotela) embarazada e é admirador de Maradona. Tati encontra na selva unha gran raíz de timbó, que aos seus ollos reproduce a imaxe do seu ídolo. Cando Tati coñece os problemas de saúde de Maradona, decide peregrinar á Bos Aires para entregarlle a súa figura, coñecendo no camiño outros personaxes coas súas propias preocupacións.
Elenco Ignacio Benítez, Tati Benítez Carlos Wagner Messerlian La Bella, Waguinho Paola Rotela, Muller de Tati Silvina Fontelles, Señora Matilde Miguel González Colman , Silva José Armónico, Gauna Toti Rivas, El Tolo Marisol Córdoba, Muller do Tolo Otto Mosdien, Pastor Otto Claudio Uassouf, Cura Lila Cáceres, Nai nova Pascual Condito, Pascual Juan Villegas (II), Dono Casa Fotografía Walter Donado, Chofer Ambulancia Aníbal Maldonado, Contrabandista Alberto Rodríguez Mujica, Rodríguez Alberto Rodríguez (III), Soledad María Marta Alvez, Gardia 1 Alfredo Lorenzo, Cego Jose Wisniewsky (El Polaco)
Galardóns Festival Internacional do Novo Cine Hispanoamericano de La Habana (2006): Gran Coral (segundo premio) Festival Internacional de Cine de San Sebastián (2006): Premio especial do xurado
Véxase tamén
Ligazóns externas El camino de San Diego Cine Nacional. El camino de San Diego Páxina oficial
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes ambientados na Arxentina