O Conservatoire royal de Bruxelles é un centro de ensino de música situado en Bruxelas (Bélxica). Con actividade dende o primeiro imperio (1813), recibiu este título oficial en 1832. É dende aquela época a principal e a máis importante escola de música e das artes vogais de Bélxica. Mestres como François-Joseph Fétis, primeiro director do Conservatorio, François-Auguste Gevaert ou Joseph Jongen déronlle o rango que ocupa. Inicialmente instalado no pazo da familia Thurn und Taxis, os edificios que ocupa actualemente, son obra do arquitecto Jean-Pierre Cluysenaar e foron edificados entre 1872 e 1876.
1967 foi o ano da separación en dúas institucións lingüísticas autónomas, o « Conservatoire Royal de Bruxelles » actualmente baixo a dirección de Frédéric de Roos e o « Koninklijk Conservatorium Brussel », baixo a dirección de Peter Swinnen. As dúas institucións repártense o mantemento dos edificios e teñen unha intensa colaboración.
Con profesores de gran renome, moitos dos seus alumnos, chegados de todo o mundo, adquiriron unha gran notoriedade.
En 1877 decidiuse achegar ao Conservatorio un museo de instrumentos de música para permitir aos estudantes coñecer mellor os instrumentos. Así vai nacer o Museo de instrumentos de música de Bruxelas. Personalidades Charles-Auguste de Bériot Marcel Cabay Alain Crepin André Dumortier François-Joseph Fétis François-Auguste Gevaert Charles-Louis-Joseph Hanssens Joseph Jongen Sigiswald Kuijken Pierre Laroche Jacques-Nicolas Lemmens Lucien Petipa André Rieu Pierre François Riga Raymond Rouleau Irma Sèthe Henri Vieuxtemps José van Dam Henryk Wieniawski Eugène Ysaÿe
Véxase tamén Ligazóns externas Site do Conservatorio Real de Bruxelas (sección francófona) Site do Koninklijk Conservatorium Brussel (sección neerlandófona) Site oficial do Musée de Instrumentos de Músic
Categoría:Institucións de ensino musical Categoría:Cultura de Bélxica