Unha mesnada era, na Península Ibérica durante a Idade Media, o conxunto de homes armados pertencentes a un rei, señor, ricohome, consello, parroquia ou distrito que formaba a unidade orgánica da hoste ou exército. Ao conxunto de normas que tiñan que cumprir os mesnadeiros chamábaselle mesnadaría, así como ao soldo que recibían.

Etimoloxía A palabra ven do latín mansionatus, que siginificaba "aloxado" na "mansión" do señor.

Diferénciase da az, ou aaz, en que a mesnada, era unha parte do exército e a az, era unha unidade táctica no campo de batalla.

Véxase tamén

Organización dos Irmandiños Hoste Az (militar)

Notas

Bibliografía Jose Almirante - Diccionario militar, 1869, Madrid.

Categoría:Historia militar Categoría:Idade Media