Os escaravellos voan á tardiña é un libro en lingua sueca de Maria Gripe, publicado en 1979 co título orixinal de Tordyveln flyger i skymningen. Foi traducido ao galego por Carlos Casares e publicado por SM en 1989.
Argumento A historia comeza cando lle regalan a Xonás Berglund un magnetófono polo seu aniversario. Logo, xunto á súa irmá máis vella Annika e cun amigo común, David Stenfäldt, veranse envolvidos por misterios e aventuras tras aceptaren coidar durante o verán as flores da Casa de Selander, unha casa deshabitada que deciden explorar e na que atopan unhas cartas dirixidas por Andreas e a súa irmá Magdalena a Emilie no século XVIII. Xonás, Annika e David sentiranse fascinados por un aspecto daquela historia e emprenden unha investigación que os envolverá en aventuras insólitas que incluso chegarán a mobilizar o país e institucións estranxeiras.
Notas
Categoría:Novelas en sueco Categoría:Literatura infantil e xuvenil Categoría:Obras traducidas do sueco ao galego Categoría:Obras literarias de 1979