miniatura|Paisaxe italiana coas ruínas dunha ponte romana e un acueduto. Jan Asselyn, nado en Diepen contra 1610 e finado en Ámsterdam en 1652, foi un pintor neerlandés.
Traxectoria Formouse con Esaias Van de Velde e destacou sobre todo pintando paisaxes e animais, aínda que tamén destacan as súas pinturas históricas e de batallas. Viaxou moito por Francia e Italia.
Foi un dos primeiros pintores holandeses que introduciron unha maneira fresca e clara de pintar paisaxes ao estilo de Claude Lorrain, e o seu exemplo foi seguido por outros artistas. Os cadros de Asselyn eran moi valorados en Ámsterdan, e varios deles están nos museos daquela cidade. Vinte e catro, pintados en Italia, foron gravados.
Categoría:Pintores dos Países Baixos Categoría:Nados no departamento do Sena Marítimo Categoría:Finados en 1652 Categoría:Nados en 1610