1944 (MCMXLIV) foi un ano bisesto comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos Xaneiro
2 de xaneiro - En Saida (Illa de Nova Guinea) desembarcan tropas de Estados Unidos. 3 de xaneiro - No Túnel número 20, en Torre del Bierzo (León) prodúcese o maior accidente ferroviario en España. 4 de xaneiro - segunda guerra mundial: comeza a Batalla de Monte Cassino. 5 de xaneiro - O Daily Mail convértese no primeiro diario transoceánico. 13 de xaneiro - O goberno español anuncia restricións de enerxía eléctrica a partir do 15 de febreiro. 14 de xaneiro - segunda guerra mundial: as tropas soviéticas comezan a ofensiva de Leningrado e Novgorod. 15 de xaneiro - Na provincia de San Juan (Arxentina), ás 20:50 un terremoto destrúe a cidade de San Juan, producindo unhas 10000 mortes directas. 17 de xaneiro - Juan Domingo Perón e Evita coñécense na gala do Lúa Park para recadar fondos para os damnificados polo terremoto de San Juan 18 de xaneiro - segunda guerra mundial, fin do cerco de Leningrado despois de dous anos. 22 de xaneiro - segunda guerra mundial: Operación Shingle. Desembarco angloamericano en Nettuno e Anzio, a 55 km ao sur de Roma.
Febreiro 1 de febreiro - en Moscova modifícase a primeira Constitución soviética. 3 de febreiro - no marco da segunda guerra mundial, o goberno de Franco reafirma a neutralidade de España. 10 de febreiro - en Ankara interrómpense as negociacións secretas entre Gran Bretaña e Turquía. 11 de febreiro - en Colombia é liberado o xefe conservador Laureano Gómez, quen fora encarcerado no principio do ano por calumnias ao goberno. 13 de febreiro: No marco da segunda guerra mundial, a cidade de Rostov (Unión Soviética) é liberada da ocupación nazi. En Costa Rica, Teodoro Picado Michalski é elixido presidente. 15 de febreiro: A aviación aliada bombardea o mosteiro de Montecassino, onde os alemáns instalaran o seu sistema de comunicacións. Os Estados Unidos recuperan o control das Illas Salomón (no océano Pacífico) tras duros combates cos xaponeses. 19 de febreiro - no transcurso da segunda guerra mundial, Londres recibe os maiores ataques da Luftwaffe (Wehrmacht) nazi. 20 de febreiro - No marco da segunda guerra mundial, a aviación estadounidense inicia un bombardeo intensivo sobre as fábricas de armamento alemás na chamada «operación Semana Grande». 22 de febreiro - accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte en Calvos de Randín, morrendo os seus seis ocupantes.
Marzo 3 de marzo - ofensiva soviética en Ucraína durante a segunda guerra mundial. 10 de marzo - publicación no exilio de Sempre en Galiza de Castelao en España adminístranse as dúas primeiras doses de penicilina. 18 de marzo - erupción do Vesuvio. Abril 1 de abril - a cidade suíza de Schaffhausen é bombardeada «por erro». 2 de abril: No Salvador fracasa o golpe de estado contra o ditador Maximiliano Hernández Martínez (no poder desde 1931). Moscova advirte ás tropas nacionalistas chinesas que non penetren na Mongolia Exterior. Un maremoto arrasa as costas das illas Aleutianas (Alasca) e as illas Hawai e morren 300 persoas.
Maio 9 de maio - no Salvador, Maximiliano Hernández Martínez, renuncia á presidencia, presionado por unha folga xeral.
Xuño 4 de xuño - entrada dos aliados en Roma durante a segunda guerra mundial 6 de xuño - en Normandía (Francia) desembarcan as forzas aliadas (Día D). 17 de xuño - Islandia independízase de Dinamarca e constitúese en república independente. 19 de xuño - primeiro matrimonio de Norma Jean Baker, coñecida máis tarde como Marilyn Monroe. 22 de xuño - Operación Bagration, ofensiva soviética en Belarús.
Xullo 20 de xullo - Claus von Stauffenberg xunto con outros militares alemáns fracasa no seu atentado contra Adolf Hitler. 21 de xullo - comeza a batalla de Guam. 22 de xullo - na Conferencia Monetaria e Financeira das Nacións Unidas realizada no complexo hostaleiro de Bretton Woods (Nova Hampshire) e mediante os Acordos de Bretton Woods, créase o Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e establécese o uso do dólar estadounidense como moeda internacional. 27 de xullo - Buchi Emecheta, escritora nixeriana residente no Reino Unido (m. 2017)
Agosto 1 de agosto - a cidade de Varsovia sublévase contra as tropas de ocupación alemás (Alzamento de Varsovia). 24 de agosto - Liberación de París, os primeiros soldados da 2.ª División Blindada (Division Leclerc) son españois republicanos adscritos ao Regiment de Marche du Tchad coñecida como a novena compañía do exército francés chegando ao concello.
Setembro 29 de setembro - O exército soviético entra en Iugoslavia Outubro 20 de outubro - en Guatemala derrocan a ditadura de Jorge Sitúo. Iniciase un período revolucionario que durará unicamente 10 anos.
Novembro miniatura|Primeira páxina da "Acta de Constitución do Consello de Galiza", Montevideo, 15/11/1944. Fundación Penzol. 15 de novembro - Constitución do Consello de Galiza no exilio
Decembro 22 de decembro - Vo Nguyen Giap funda o Exército Popular Vietnamita para loitar contra a ocupación xaponesa. Ratifícase o pacto Galeuzca entre representantes galegos, vascos e catalás no exilio O xeneral francés Charles de Gaulle entra en París. Italia declara a guerra a Alemaña.
Acontecementos de maior duración Segunda guerra mundial (1939-1945)
Nacementos 1 de xaneiro - Omar Hasan Ahmad al-Bashir, presidente do Sudán 6 de xaneiro - Rolf M. Zinkernagel, inmunopatólogo suízo, premio Nobel de Medicina en 1996. 6 de xaneiro - Alan Stivell - músico bretón. 9 de xaneiro - Jimmy Page, músico británico (Led Zeppelin) 18 de xaneiro - Alexander Van der Bellen, político austríaco. 27 de xaneiro - Braulio Rodríguez, arcebispo católico español. 27 de xaneiro - Mairead Corrigan, activista político irlandés, Premio Nobel da Paz 1 de marzo - Roger Daltrey, músico británico (The Who) 5 de marzo - Élisabeth Badinter, escritora e filósofa francesa. 6 de marzo - Kiri Te Kanawa, cantante neozelandesa. 19 de marzo - Said Musa, primeiro ministro de Belize 23 de marzo - Michael Nyman, pianista e compositor británico. 24 de marzo - Vojislav Koštunica, primeiro ministro de Serbia 26 de marzo - Diana Ross, cantante estadounidense (The Supremes). 5 de abril - Xabier Lete, músico e poeta vasco 6 de abril - Manoel Soto Ferreiro, político galego 7 de abril - Gerhard Schröder, chanceler alemán 8 de abril - Odd Nerdrum, pintor noruegués. 9 de abril - Lars Norén, poeta e dramaturgo sueco. 17 de abril - Lois Diéguez, escritor galego 19 de abril - James Heckman, economista estadounidense, Premio Nobel 14 de maio - George Lucas, director de cine estadounidense. 18 de maio - W. G. Sebald, escritor alemán. 18 de maio - Albert Hammond, cantante e compositor británico. 20 de maio - Joe Cocker, cantante británico. 19 de xuño - Chico Buarque, músico brasileiro. 24 de xuño - Jeff Beck, músico inglés. 13 de xullo - Ernő Rubik, creador do cubo de Rubik, na cidade de Budapest. 31 de xullo - Robert C. Merton, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía en 1997. 6 de setembro - Donna Haraway, filósofa norteamericana. 8 de setembro - Suso Díaz Díaz, sindicalista galego (m. 2025). 28 de setembro - Xesús Ferro Ruibal, escritor galego. 28 de setembro - Robert Barro, economista estadounidense. 9 de outubro - Peter Tosh, músico xamaicano. 15 de novembro - Michael Moloney, músico e estudoso da música de orixe irlandesa. 29 de novembro - José Manuel Iglesias, sindicalista galego. 1 de decembro - Tahar Ben Jelloun, escritor marroquí en francés. 5 de decembro - Enrique Nicanor, produtor, director, escritor e debuxante galego de cine e televisión (m. 2025). 28 de decembro - Kary Mullis, bioquímico estadounidense, premio Nobel de Química en 1993. Nicholas Guild. escritor norteamericano.
Mortes 3 de xaneiro - Alfonso Ortega Prada, político galego (n. 1902). 5 de xaneiro - Kaj Munk, dramaturgo dinamarqués (executado) 23 de xaneiro - Edvard Munch, pintor noruegués 1 de febreiro - Pieter Mondrian, pintor holandés. 5 de marzo - Max Jacob, artista francés. 15 de marzo - José Moreira Casal, médico e político galego (n. 1899). 29 de abril - Bernardino Machado, dúas veces presidente da República Portuguesa (n. 1851). 8 de maio - Ethel Smyth, compositora inglesa e unha das líderes do movemento sufraxista (n. 1858). 12 de maio - Edel Quinn, misioneira católica irlandesa (n. 1907). 6 de xuño - Dietrich Kraiss, militar alemán (n. 1889).
6 de xuño - Gerardo Fentanes Portela, avogado e político galego (n. 1887).
8 de xuño - Marcelino Fernández Prada, político socialista galego (n. 1895).
31 de xullo - Antoine de Saint-Exupéry, escritor e aviador francés. 7 de agosto - Marguerite Bervoets, resistente belga durante a Segunda guerra mundial. 8 de agosto - Aino Ackté soprano finlandesa. (n. 1876) 11 de agosto - Hideyoshi Obata, xeneral xaponés. 7 de outubro - Ramón Tojo Pérez, escritor e político galego (n. 1860). 14 de outubro - Erwin Rommel, militar alemán. 23 de outubro - Charles Glover Barkla, físico británico, premio Nobel de Física en 1917. 5 de novembro - Alexis Carrel, biólogo, médico e escritor francés, premio Nobel de Medicina en 1912. 7 de novembro - Richard Sorge xornalista alemán e espía para a Unión Soviética no Xapón. 22 de novembro - Arthur Eddington, astrónomo e físico británico. 2 de decembro - Filippo Tommaso Marinetti, ideólogo, poeta e editor italiano fundador do movemento futurista. 13 de decembro - Wassily Kandinsky, pintor ruso. 15 de decembro - Glenn Miller, músico estadounidense. 30 de decembro - Romain Rolland, escritor francés, premio Nobel de Literatura en 1915.
Premios Nobel Física: Isidor Isaac Rabi Química: Otto Hahn Fisioloxía ou Medicina: Joseph Erlanger e Herbert Spencer Gasser Literatura: Johannes V. Jensen Paz: Comité Internacional da Cruz Vermella
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1944