Cachorro é un filme español dirixido por Miguel Albaladejo que se estreou no 2004.

É un drama que se enmarca dentro do cinema da causa LGTB, mostrando con normalidade a atracción entre persoas do mesmo sexo.

Argumento Pedro, un homosexual (concretamente un oso) ben feito, desinhibido nas súas relacións e sen responsabilidades, comprométese a coidar durante quince días ao seu sobriño Bernardo, un cativo de 9 anos co que até ese momento non tivera moita relación. O rapaz é fillo de Violeta, a irmá de Pedro, unha hippy que vai facer unha viaxe á India co seu novo noivo. Pedro, a carón desta nova situación, terá que cambiar o seu ritmo de vida. Mentres o sobriño ten unha actitude natural e sen prexuízos cara a el.

Aos poucos días chégalle a noticia de que a súa irmá e a súa parella foron detidos na India por temas de drogas e que Violeta deberá pasar os próximos anos no cárcere. Pedro terase que enfrontar a esta situación e coidar ao cativo. Logo aparece a dona Teresa, a avoa paterna de Bernardo, coa que non tiña case relación, e que cre que a educación do cativo non debe estar nas mans dun homosexual.

Elenco José Luis García Pérez (1972): Pedro. David Castillo (1992): Bernando, sobriño de Pedro. Elvira Lindo (1962): Violeta, irmá de Pedro e nai de Bernardo. Diana Cerezo: Lola, a canguro (coidadora do rapaz). Josele Román (1946): Gloria, a porteira e nai de Lola. Empar Ferrer: dona Teresa, avó do rapaz. Mario Arias: Javi, amigo de Pedro. Arno Chevrier: Manuel, o noivo parisiense de Pedro.

Comentarios Na banda sonora de Cachorro, aparecen dúas cancións de Fangoria: Me odio cuando miento e Hombres. A primeira canción é do disco Una temporada en el infierno (1999) e a segunda de Naturaleza muerta (2001). A película estreouse no Festival de Cine de Berlín de 2004. En EE. UU censuráronse dúas escenas de sexo (a escena inicial e a da sauna).

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Miguel Albaladejo con motivo de Cachorro en El Mundo

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Miguel Albaladejo Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes sobre temática LGBT de España Categoría:Filmes sobre VIH/SIDA