Closer é o segundo e derradeiro álbum de Joy Division. O disco foi publicado por primeira vez por Factory Records o 18 de xullo de 1980. Foi lanzado dous meses despois do suicidio do seu vocalista e letrista Ian Curtis e está considerado un disco importante dentro do movemento post punk.

Este álbum foi producido por Martin Hannett e ten un son máis escuro que o seu antecesor, Unknown Pleasures, no que os sintetizadores e efectos de estudio toman un rol máis protagonista.

En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 13 da súa lista dos 50 mellores álbums de post-punk.

Lista de cancións

Persoal Ian Curtis - vocalista, guitarra en "Heart and Soul" Bernard Sumner - guitarra, sintetizador, baixo en "Atrocity Exhibition" Peter Hook - baixo, guitarra en "Atrocity Exhibition" Stephen Morris - batería Martin Hannett - produtor, técnico Michael Johnson - asistente Bernard Pierre Wolff - fotografía John Caffery - técnico

Notas

Categoría:Álbums de Joy Division Categoría:Álbums musicais de 1980 Categoría:Álbums de Factory Records