María de los Ángeles Alfaya Bernárdez, coñecida como An Alfaya, nada en Vigo o 2 de marzo de 1964, é unha escritora galega.

Traxectoria Realizou estudos de Maxisterio na Escola de Formación do Profesorado de Vigo e Criminoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Ligada ao teatro, participou na fundación do Teatro Avento de Vigo.

Traballou un tempo como actriz de dobraxe en galego na serie Os Picapedra, onde poñía voz ao personaxe de Betty.

Obra Narrativa Desventura (2003, Positivas). Matei un home (2005, 3C3). Areaquente (2009, Sotelo Blanco). Vía secundaria (2011, Xerais). Muros de aire (2015, Xerais). Traducido ao castelán.

Infantil-xuvenil O maquinista Antón (1993, Bruño). O caderno azul (1996, Xerais). ¡Sireno, Sireno! (1997, Xerais). Bua, bua, requetebuá (1999). A recortada (1999, Xerais). O baúl de Wensel (2000, Galaxia). Folerpas (2000, S.M.). Down (2001, Edebé). Traducido ao castelán e ao catalán en 2001. A estrela volarina da torre colarina (2001, Ir Indo). Buguina namorada (2003). O cero escuro (2003, Tambre). A encontadora (2003, Xerais). Unha xanela para Cecilia (2005, Edelvives). Traducido ao castelán en 2005. A sombra descalza (2006, Xerais). Traducido ao castelán como La sombra descalza, publicado en 2006 por Bruño e ao inglés. Zoa e Azor (2006, Tambre). Traducido ao castelán como Zoa y Azor, publicado en 2006 por Edelvives. Illa Soidade (2007, Xerais). Traducido ao inglés en 2022. A lenda da lúa de Montealto (2007, Sotelo Blanco). Os seres con raíces na cara (2007, Galaxia). Vacas na cidade? (2007, Galaxia). A ánfora exipcia (2009, Tambre). O aroma do liquidámbar (2012, Xerais). O recendo das clementinas (2013, Tambre). O fío vermello (2014, Xerais). A cea das enaguas (2016, Tambre). Soleando (2019). Galaxia, Col. Árbore. 88 páxs. ISBN 978-84-9151-388-9. O grupo (2019). Xerais, Col. Fóra de Xogo. 120 páxs. ISBN 978-84-9121-541-7. ePub: ISBN 978-84-9121-574-5. O corazón das casas (2024). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Mario G. Alfaya. 190 páxs. ISBN 978-84-1176-189-5. Irracionais (2025). Vigo: Galaxia. 176 páxs. ISBN 978-84-1176-494-0.

Obras colectivas E dixo o corvo... (1997, Xunta de Galicia). Minirelatos (1999, Libraría Cartabón). Historias para calquera lugar (2001, Xerais). Postais do Camiño (2004, Galaxia). Contos de chistes, portas e sorrisos (2004, Xunta de Galicia). O son das buguinas (2007, Xerais). Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais). Quéroche contar un conto (2010, Xerais).

Premios Accésit no Premio de Teatro Infantil Xeración Nós no 1989, por Bua, bua, requetebuá. Premio de Teatro Infantil Xeración Nós no 1991, por O maquinista Antón. Premio Merlín 1997, por ¡Sireno, Sireno!. Finalista do Premio de Novelas por Entregas La Voz de Galicia no 2003, por Matei un home. Premio de novela curta Xulián Magariños 2004, por Matei un home. Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2005, por A sombra descalza. Finalista do Premio Ala Delta 2006, por Zoa e Azor. Premio Xosé Neira Vilas 2006, por A sombra descalza. Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007 por Illa Soidade. Premio Jules Verne 2007 por Illa Soidade. Premio White Ravens no 2007, por A sombra descalza. Lista de Honra do IBBY no 2008, por A sombra descalza. Premio Frei Martín Sarmiento, por Zoa e Azor. Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2008, por Areaquente. Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2010, por Areaquente. Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia no 2010, por Vía secundaria. Premio Frei Martín Sarmiento ao mellor libro de 3º e 4º de ESO en 2017, por A cea das enaguas. Premio de novela curta Xosé Neira Vilas 2017, por O home de negro XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2018, por O grupo. 2025: Premio Laxeiro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Páxina da autora en Xerais

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1964 Categoría:Gañadores do Premio Merlín Categoría:Premio Jules Verne Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid