Hotel Ruanda (en ) é un filme dirixido Terry George baseado no xenocidio de Ruanda, centrándose no que fixo Paul Rusesabagina. Estreouse en galego na TVG o 27 de abril de 2008. A película foi nomeada para varios premios, entre eles o Óscar ao mellor actor (Don Cheadle), Óscar á mellor actriz secundaria (Sophie Okonedo) e Óscar ao mellor guión orixinal.
Sinopse Pouco despois de que os hutus e tutsis asinasen un acordo de paz no Hotel Des Mille Collines en Kigali, hotel que rexenta Paul Rusesabagina (Don Cheadle) e que é propiedade duns empresarios belgas, os soldados hutus comezan a instigar os seus para que erradiquen os tutsis.
Paul Rusesabagina é hutu, mais a súa muller Tatiana (Sophie Okonedo) é tutsi, como moito dos seus veciños, e vainos intentar salvar meténdoos no hotel do que é encargado.
Tralo asasinato do presidente ruandés, comezan as matanzas indiscriminadas de tutsis a mans dos soldados e cidadáns hutus. Mediante subornos, Paul logrará asegurar máis dun millar de tutsis no hotel, esperando a que chegue axuda internacional, mais só contará coa axuda do coronel Oliver (Nick Nolte). A única intervención internacional que existiu foi para evacuar persoas que tiñan nacionalidade europea.
Personaxes Don Cheadle como Paul Rusesabagina Sophie Okonedo como Tatiana Rusesabagina Nick Nolte como Coronel Oliver (baseado en Roméo Dallaire) Joaquin Phoenix como Jack Daglish Fana Mokoena como Xeneral Augustin Bizimungu Cara Seymour como Pat Archer Jean Reno como Mr. Tillens (presidente de Sabena Airlines) Tony Kgoroge como Gregoire Desmond Dube como Dube Hakeem Kae-Kazim como Georges Rutaganda Leleti Khumalo como Fedens
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Crítica da película Hotel Rwanda baixo a perspectiva dos dereitos humanos Hotel Mille Collines
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Suráfrica Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes ambientados en Ruanda Categoría:Filmes ambientados en 1994 Categoría:Filmes rodados en Ruanda Categoría:Filmes de 2004 con versión en galego