miniatura|O Coliseo de Roma, Italia. O anfiteatro (do grego antigo amphitheatron) é un tipo de edificio público característico da civilización romana, empregado para acoller espectáculos e xogos, coma a munera ou loita de gladiadores e as venatio ou loitas con animais. Os máis antigos foron construídos en Etruria e Campania e datan de finais do século II . Este tipo de edificación é de orixe romana e non se atopa nin en Grecia nin en Asia Menor.

Ademais da súa finalidade, a diferenza máis salientable entre un anfiteatro nun teatro romano clásico é a forma da súa estrutura, o anfiteatro é de forma circular ou ovalada namentres que o teatro é semicircular. Tamén hai que diferenciar o anfiteatro do circo romano, que era empregado para espectáculos de carreiras de cabalos e tiña unha forma elíptica.

As bancadas (cavea) estaban divididas en zonas de xeito que as clases sociais se dispoñían de forma estratificada: as máis altas preto da area e as inferiores máis afastadas (posiblemente destinando estas últimas fileiras para mulleres e escravos) .

O anfiteatro máis coñecido é sen dúbida o Coliseo de Roma, cuxo nome era na realidade Anfiteatro Flavio (en latín Amphitheatrum Flavium). miniatura|Interior do Coliseo de Roma, Italia.

Orixe Curio o Mozo, a mediados do século I a. C., con motivo da morte do seu pai, decidiu facer na súa honra uns xogos. Para tal fin creou dous teatros de madeira que mediante un trebello quedarían unidos entre si, para o combate de gladiadores. Creouse así o primeiro anfiteatro, xustificando a súa orixe etimolóxica anfi-teatro: dous teatros.Jérôme Carcopino, La Vida cotidiana en Roma en el apogeo del Imperio. Madrid: Ediciones Temas de Hoy, 2001. pp.294-295

Anfiteatros romanos 250px|miniatura|dereita|Anfiteatro de El Djem. 250px|miniatura|dereita| Anfiteatro de Tarragona. Dentro da ampla zona de influencia do Imperio Romano atopáronse restos duns 75 anfiteatros. Algúns deles están presentes nas seguintes localidades:

Alemaña Maguncia Tréveris Xanten

Croacia Pula

Chipre Salamina

España Itálica, (Anfiteatro de Itálica) Emerita Augusta, (Anfiteatro de Mérida) Tarraco, (Anfiteatro de Tarraco) Toletum Carmona Corduba Carthago Nova Peñaflor (Sevilla) Segóbriga (Cuenca) Sisapo (Pendente de escavación e confirmación - Cidade Real)

Francia Arelate Grand Lugdunum Nemausus Lutetia: Arènes de Lutèce Mediolanum Santonum Nimes

Gales Caerleon

Grecia Knossos

Holanda Nimega (non existe coma edificio, pero evidénciase no trazo das rúas).

Inglaterra Isirium Deva Durnovaria Venta Silurum

Italia Aosta Ariminum Arretium Assisium Cagliari Capua Carsulae Hispellum Mediolanum Mevania Nola Ocriculum Pompeii Puteoli Roma (dous anfiteatros: o Coliseo e o Anfiteatro Castrense, amais da escola de gladiadores Ludus Magnus) Rusellae Suasa (Castelleone di Suasa) Spoletium Urbs Salvia Verona: Area de Verona

Libia Sabratha

Tunisia El Djem

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Arquitectura romana Anfiteatro (aula) Anfiteatro anatómico

Categoría:Arquitectura civil Categoría:Anfiteatros romanos