Margaret é o único satélite irregular con movemento directo de Urano. Foi descuberto por Scott S. Sheppard e o seu equipo, no 2003 e déuselle a designación provisional de S/2003 U 3.IAU Circular

Confirmado coma Urano XXIII, recibiría máis tarde o nome da criada do heroe da obra de William Shakespeare, Much Ado About Nothing.

Órbita miniatura|300px|esquerda|Satélites irregulares de Urano. Margaret queda coma único satélite irregular con movemento directo de Urano. O diagrama ilustra os parámetros orbitais de Margaret, únicos entre os satélites irregulares de Urano, amosa a inclinación no eixo vertical e a excentricidade das órbitas ven representada polos segmentos amarelos que se estenden dende o pericentro ó apocentro.

A inclinación de Margaret e de 57°, moi próxima ó límite da estabilidade. As inclinacións intermedias comprendidas entre 60 < i < 140 están baleiras de lúas debido a inestabilidade de Kozai. Nesta rexión inestable, as perturbacións solares no apoapse causan que as lúas destas rexións adquiran grandes excentricidades que encamiñan a estas lúas a colisións ou á súa expulsión orbital nun rango de tempo de entre 10 a 1.000 millóns de anos. A precisión da periapse de Margaret (Pw) é coma mínimo de preto de 1,6 millóns de anos.

No 2008, outorgáselle a excentricidade de Margaret un valor de 0,7979. (Selecciona Uranian, desmarca Ephemerides e selecciona Orbital Elements) Isto fai de Margaret a lúa con máis excentricidade do Sistema Solar, aínda que hai que subliñar cá media da excentricidade de Nereida é maior.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Urano

Ligazóns externas

Margaret Profile by NASA's Solar System Exploration David Jewitt pages Uranus' Known Satellites (by Scott S. Sheppard) Ephemeris IAU-NSES

Categoría:Lúas de Urano