miniatura|200px|Ovidi Montllor. Ovidi Montllor i Mengual, nado en Alcoi (Alacant) o 4 de febreiro de 1942, finado en Barcelona o 10 de marzo de 1995, foi un cantautor e actor que formou parte do movemento da Nova Cançó catalá.

Biografía Debutou en 1962 co grupo teatral La Cassola, de Alcoi. Aos 24 anos foise a Barcelona, onde actuou con grupos de teatro independentes, como o do CICF, e máis tarde coas compañías de Núria Espert e Adrià Gual. En 1968 iniciou unha carreira destacada como cantante, a miúdo acompañado polo guitarrista e compositor Toti Soler, con música propia sobre textos de Salvador Espriu, Vicent Andrés i Estellés, Pere Quart e del mesmo. Entre as súas pezas musicais máis populares áchanse:

La samarreta La fera ferotge Homenatge a Teresa Perquè vull L'escola de Ribera

Militou no PSUC e posteriormente no Partido dos Comunistas de Cataluña até a súa morte. Pasou en 1995 en Barcelona a consecuencia dun cancro de esófago.

Discografía La Fera ferotge / Cançó de les balances (EP 1968) Història d'un amic / La fàbrica Paulac (EP 1969) Sol d'estiu / Ell (sinxelo 1971) Un entre tants... (1972) Crònica d'un temps (1973) A Alcoi (1974) (Reeditado polo Picap 2008) Salvat-Papasseit per Ovidi Montllor (1975) (Reeditado polo Picap 2007) Ovidi Montllor a l'Olympia (1975) Directo no Teatro Olympia de París (Reeditado polo Picap 2008) De manars i garrotades (1977) (Reeditado polo Picap 2008) Bon vent... i barca nova! (1979) Ovidi Montllor diu 'Coral romput''' (dobre 1979), reeditado en CD en 2007. 4.02.42 (1980) Ovidi Montllor... per sempre (recompilatorio póstumo 1995) Antologia (13 cd 2000)

Filmografía Outro eido no que Ovidi destacou foi no cine. Actuou, entre outros, nos seguintes filmes:

Furia Española (1975) Furtivos (1975) Josafat (televisión) El beso de la mujer araña La nova cançó (1976, como el mesmo) La ciudad quemada (1976) La oscura historia de la prima Montse (1978) La portentosa vida del padre Vicent (1978) Companys, procés a Catalunya (1979) Emigrante, curtametraxe (1979) La verdad sobre el caso Savolta (1980) El nido (1980) La fuga de Segovia (1981) Con el culo al aire (1981) El Pico I L'hivernacle Amanece, que no es poco'' (1988)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web sobre Ovidi Montllor Filmografía na IMDb

Categoría:Cantautores Categoría:Actores da Comunidade Valenciana Categoría:Nados en Alcoi Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Cantantes en lingua catalá