miniatura|dereita|200px|Aparato reprodutor feminino. dereita|200px|miniatura|Imaxe dun óvulo humano. O óvulo é a célula sexual ou gameto feminino. Trátase de células grandes, esféricas e inmóbiles. O óvulo é unha célula haploide producida polo ovario portadora do material xenético e capaz de ser fecundada por un espermatozoide, formándose entón un cigoto. Nas plantas e algas adóitaselle chamar oosfera ou ovocélula, que nas plantas está dentro do saco embrional.
Produción Nos humanos Os óvulos son as células máis voluminosas do corpo humano. Neles, desde a puberdade, cada 28 días aproximadamente, madura un óvulo formado por meiose nun dos ovarios e pasa a unha das trompas de Falopio, nun proceso chamado ovoxénese, que se manifesta tamén a través do proceso periódico da ovulación. A célula sofre dúas divisións meióticas ata completar a súa formación: na primeira das dúas divisións, a causante da redución do número de cromosomas, iníciase durante o desenvolvemento embrionario e queda interrompida durante a profase I. Renóvase a partir da puberdade, cando en cada ciclo madura un folículo e o ovocito que envolve, completándose a primeira división, que produce un ovocito secundario, e arrincando a segunda. A segunda división meiótica queda á súa vez interrompida, e non se completa ata que non ocorre a fecundación, se é que esta chega a producirse. Logo de completar a meiose das ovogonias, ademais dun ovocito formáronse dous corpos polares, o primeiro sendo a célula irmá do ovocito secundario, e o segundo a do óvulo.
O ovolema é o nome que recibe a membrana plasmática dun ovocito.
Nas plantas
Nas plantas chámaselle óvulos aos primordios seminales, que son macrosporanxios pluricelulares (órganos produtores de esporas femininas), mentres que os gametos femininos (células sexuais femininas) reciben o nome de oosferas ou ovocélulas. As oosferas ou ovocélulas están dentro do saco embrional e este está dentro do óvulo.
Véxase tamén Outros artigos Gameto Espermatozoide Sexo
Categoría:Reprodución Categoría:Aparato reprodutor feminino Categoría:Células xerminais