Alfred Werner, nado en Mulhouse, Alsacia, antes en Alemaña, actualmente en Francia, o 12 de decembro de 1866 e finado en Zürich o 15 de novembro de 1919, foi un químico suízo, profesor da Universidade de Zürich e gañador do Premio Nobel de Química en 1913 por propor a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica. Werner desenvolveu as bases do complexo metálico moderno. Foi o primeiro químico inorgánico en gañar o Premio Nobel, de feito o único antes de 1973.

Traxectoria Aos 18 anos realizou os seus primeiros experimentos químicos. Realizou os seus estudos en Karlsruhe, Zürich e París. Foi profesor de química orgánica do Politécnico de Zürich en 1895 á idade de 29 anos. Foi membro de asociacións de investigadores de Suíza, Francia, Inglaterra e Rusia.

Padeceu de Arteriosclerosis a partir de 1913 e morreu diso en 1919 en Zürich.

Investigacións científicas Werner desenvolveu no seu traballo de doutoramento as bases para o estudo dos complexos metálicos.

En 1893 enunciou a teoría da coordinación tamén chamada das valencias residuais segundo a cal os compoñentes moleculares inorgánicos actúan como un núcleo central ao redor do cal sitúanse un número definido doutros átomos, radicais ou outras moléculas segundo un patrón xeométrico sinxelo, e grazas á cal chegaron a descubrirse os isómeros de moitas combinacións metálicas. Propuxo a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica.

En 1913 foi galardoado co Premio Nobel de Química en recoñecemento do seu traballo sobre o axuste de átomos nas moléculas polas cales abriu novas portas en investigacións anteriores e abriu novos campos de investigación especialmente en química inorgánica.

En 1914 descubriu o exol, un sal de cobalto, o primeiro composto quiral que non contiña átomos de Carbono.

Obras escritas Beiträge zur Theorie der Affinität und Valeur, Lehrbuch der Stereochemie (1904) Ueber die Konstitution und Konfiguration von Verbindungen höherer Ordnung (1914).

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en Nobelprize.org Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1913 Perfil de Alfred Werner en NNDB

Categoría:Químicos de Suíza Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Premios Nobel de Suíza Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1919 Categoría:Nados no departamento do Alto Rin