4 años, 2 meses y 1 día é o título do segundo álbum do grupo de rock do País Vasco Cicatriz.
Foi o primeiro disco que sacaron despois do accidente de moto do seu cantante Natxo Etxebarrieta e foi gravado en Londres nos estudios Von's Recording coa indemnización de Natxo. Este traballo tamén foi o primeiro que gravou o novo guitarrista Goar Iñurrieta, introducindo un estilo máis heavy e hard rockeiro nas cancións.
O título do disco refírese á condena que lle impuxeron a Natxo cando o detiveron traendo speed dende Holanda. Tamén lle dedica unha canción á cela do seu cárcere, "La 204".
O disco está dedicado na memoria do primeiro guitarrista da banda, Pepin, quen falecera recentemente por sobredose de heroína.
Lista de cancións "Rock and roll de Cicatriz"(Cicatriz) "Loco"(P. Landatxe/G. Iñurrieta) "El quebrao"(Los Betos/G. Iñurrieta) "Solo otra vez"(Mamen Rodrigo/P. Landatxe) "Don´t worry"(Mamen Rodrigo/G. Iñurrieta) "Una niebla gris"(J.J. Eguizalde/G. Iñurrieta) "La 204"(N. Etxebarrieta/G. Iñurrieta) "Que a gusto estas"(P. Landatxe/G. Iñurrieta) "Me gusta conducir"(J.J. Eguizalde/P. Landatxe) "El cuello de pavo"(Cicatriz/G. Iñurrieta) "Lola"(N. Etxebarrieta/P. Landatxe/J.L. Rodrigo/J. Arteaga)
Músicos Natxo Etxebarrieta: Voz Goar Iñurrieta: Guitarra Pedro Landatxe: Batería. Pakito Rodrigo: Baixo e coros.
Persoal técnico Peter Peck: produción.
Categoría:Álbums de Cicatriz