Alónissos, Alonisos ou Alonnisos (grego:Αλόννησος) é unha illa grega no mar Exeo. Logo de Skiathos e Skopelos é a terceira das Espóradas. Está a 3 km da illa de Skopelos. Alonissos é tamén o nome dun pobo da illa, así como do municipio que abarca a illa e o pobo.

O pobo de Alonissos atópase na parte sur da illa. É coñecida localmente como Chora (cidade). O principal porto da illa atópase no sueste e chámase Patitiri. Hai servizo de transbordador e de hidrofoil de Patitiri a Volos, Agios Konstantinos e Salónica no continente e as illas de Skiathos, Skopelos e Skyros. A baía no extremo sur da illa tamén se chama Alonissos.

O Municipio de Alonissos inclúe as outras illas da Adelfoi, Gioura, Kyra Panagia (Pelagos), Peristera, Piperi, Psathoura e Skantzoura.

Historia Na Idade Media e ata o século 19, o pobo foi coñecido como Chiliodromia o que significa, un milleiro de rutas. Outros nomes foron Liadromia e Heliodromia. En tempos antigos, o lugar era coñecido como Ikos Evonymos.

Xeografía A illa na súa parte máis ancha ten de 4´5 km de noroeste a sueste e na súa parte máis longa ten de 20 km de suroeste a nordés. A illa é na súa maioría de pedra calcaria. Atópase ao leste de Grecia continental da prefectura de Magnesia, ao nordés de Eubea e ao noroeste da illa de Skyros. Alonissos ten unha estrada principal que conduce a tres aldeas na parte occidental da illa e varios camiños por toda a illa.

A Illa miniatura|left | Alonissos

A agricultura está moi estendida en Alonissos, predominantemente granxas mixtas e viñedos. Os principais produtos son améndoa, uva, figos e olivas. Os abetos son abundantes na illa. Mentres que a pesca é unha profesión popular na illa, o turismo é agora a principal industria.

A vivenda tradicional componse de casas con paredes de pedra, que, ata 1965, estaban centradas na capital. Unha pequena fortaleza protexíaa contra os inimigos e piratas. A illa e a vila resultaron gravemente danados co terremoto de 1965. Moitos habitantes non volveron á vila de Alonissos, pero si a Patitiri. A antiga vila foi restaurada nos últimos anos, e as casas reconstruídas son agora utilizadas para o turismo.

As praias ao redor da illa son de seixos. O ecosistema no lado norte da illa está en boas condicións. O Monachus monachus (-Monachus monachus) é común ao redor da illa, e en 1992 foi creado o Parque Mariño de Alonissos para protexer as focas e outros animais.

Comunidades e subdivisiónses miniatura|Praia en Alonissos miniatura|Praia en Alonissos

O municipio comprende varias pequenas illas con poboacións residentes. A superficie total do municipio é de 129´607 km². No censo de poboación de 2001 había 2.700 habitantes, dos cales só 28 persoas vivían nas outras illas.

Illa de Alonissos Agios Petros (Άγιος Πέτρος) [censo de poboación de 2001: 7] 'Alonissos' (Αλόννησος) Chrysi Milio (Χρυσή Μηλιά)) Gerakas (Γέρακας) Isiomata (Ισιώματα) Kalamákia (Καλαμάκια) Marpounta (Μαρπούντα) - abandonada Mourtero (Μουρτερό) Patitiri (Πατητήρι) Steni Vala (Στενή Βάλα)) Votsi (Βότση)

Outras Illas Adelfoi (Αδελφοί) Gioura (Γιούρα) Kyra Panagia (Κυρά Παναγιά) Peristera (Περιστέρα) Piperi (Πιπέρι) Psathoura (Ψαθούρα) Skantzoura (Σκάντζουρα)

Véxase tamén

Ligazóns externas www.alonissos.gov.gr Official website National Marine Park of Alonnisos Northern Sporades

Categoría:Illas de Grecia