San Clemente do Pindo é unha parroquia do concello de Carnota. Segundo o IGE, no ano 2018 tiña 770 habitantes (366 homes e 404 mulleres). Está situada entre San Mamede de Carnota e O Ézaro (pertencente ao concello de Dumbría).
A súa parte máis destacada é o monte Pindo, de 635 m. Outros lugares da parroquia son O Cancelo, onde está o camposanto, A Capela, onde está a praia de San Pedro e a igrexa parroquial, A Solaina, núcleo principal da parroquia en onde se celebran as festas e o mercado, e O Sinal, a zona marítima onde está o peirao.
Xentilicio O xentilicio desta parroquia é o de pindexo.
Patrimonio A igrexa parroquial data orixinalmente do século XVII, se ben sufriu sucesivas remodelacións e ampliacións, quedando da igrexa orixinaria a sancristía e a fachada.
Festas No Pindo celébranse as festas de San Clemente o segundo domingo de agosto e as do Cristo o 12 de outubro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares do Pindo
Parroquias de Carnota
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carnota
Categoría:Parroquias de Carnota Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Clemente