miniatura|dereita|220px|Extensión do conventus asturicensis dentro da Gallaecia (nome latino de Galicia) a finais do século III dentro do Imperio Romano. O Convento Asturicense (en ), foi unha entidade administrativa romana sita no Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Asturica Augusta (Astorga), a cidade máis importante do convento e que rexia económica e administrativamente todo o territorio. Tiña como lindes o curso do río Douro polo sur -que marcaba a raia coa Lusitania-, polo norte o propio mar Cantábrico entre os ríos Navia e Sella.Na cara occidental, lindaba co Convento Lucense nos Ancares ata O Courel, e na Serra de Tras-os-Montes (Portugal) co Conventus Bracarense. Polo leste, lindaba co Convento Cluniense, que orixinalmente formaba parte da provincia Tarraconense e que finalmente acabaría por integrarse na Gallaecia antes do século V. Foi o territorio orixinario dos ástures.

Notas

Categoría:Conventus iuridicus de Gallaecia Categoría:Astorga