miniatura|dereita|250px|An-225 o avión de carga máis grande do mundo. Antonov, ou Complexo Científico/Técnico Aeronáutico Antonov (Antonov ASTC) (en ucraíno:Авіаційний науково-технічний комплекс імені Антонова, АНТК ім. Антонова), antigamente a Compañía de Deseño Antonov, é unha compañía de deseño e fabricante de aeronaves e provedora de servizos aeronáuticos con base en Kíiv, Ucraína (desde 1952) con particular experiencia no campo da construción de aeronaves moi grandes, tanto para uso comercial (carga e pasaxe) coma para defensa.
Historia O nome da compañía vén do enxeñeiro ruso Oleg Antonov (nado en Troitsi, Moscova, en 1906), que a fundou o 31 de maio de 1946, e principal deseñador do Antonov An-2. An-8, An-24, An-22 e outros lendarios avións. É unha empresa de propiedade estatal. A compañía carece das instalacións necesarias para a construción total dalgunhas naves, como resultado das restricións impostas polo goberno central da Unión Soviética que repartía a construción da industria militar entre as súas diferentes rexións. Tal distribución minimizou os riscos de guerra interna, e evitaba que as repúblicas desenvolveran unha autosuficiencia económica. Dado isto, os avións Antonov eran con frecuencia construídos polas compañías Khárkiv (Ucraína), Novosibirsk (Rusia) e Tashkent (Uzbekistán).
Produtos miniatura|An-22. Os avións Antonov van desde o *desgarbado Antonov An-2, (biplano demasiado grande para ser biplano), o avión de recoñecemento Antonov An-28, ata os enormes estratéxicos Antonov An-124 e Antonov An-225 (este último o maior avión xamais construído e o maior en servizo, verdadeiro xigante dos ceos). Outros menos famosos serven coma transporte de pasaxeiros de curto, mediano e longo alcance, especialmente en Rusia e Europa Oriental. O An-70 exteriormente se asemella ó Airbus A400M.
As actividades do complexo Antonov inclúen: Deseño e construción de aeronaves. Transporte de carga (Aeroliñas Antonov). Mantemento e mellora de aeronaves. Apoio en Enxeñería aerospacial. Operación do Aeroporto Antonov. Deseño e construción de trolebuses.
Aeronaves Nave Nome Designación OTAN Primeiro voo Observación A-40 Krylayaty Tank 1942 Tanque alado An-2 Colt 31 de agosto de 1947 Biplano monomotor multiúsos An-3 Colt Conversión a turbinas do An-2 An-4 Colt An-2 con flotadores An-6 Meteo Colt Avión de recoñecemento baseado no An-2 An-8 Camp 1955 Transporte militar lixeiro An-10 Ukraina Cat marzo de 1957 Transporte medio a turbinas An-12 Cub 16 de decembro de 1957 Transporte militar a turbinas, baseado no An-10 An-14 Pchelka Clod 1958 Bimotor lixeiro An-22 Antei Cock febreiro de 1965 Transporte pesado para longas distancias An-24 Coke 20 de outubro de 1959 Dobre turbina An-26 Curl 1969 Dobre turbina, baseado no An-24 An-28 Cash setembro de 1969 Transporte lixeiro de dobre turbina, baseado no An-14 An-30 Clank 1967 An-24 adaptado para fotografía aérea An-32 Cline 1976 Dobre turbina, estrutura do An-26 con motor extra An-38 1994 Transporte lixeiro de dobre turbina, An-28 ensanchado An-70 16 de decembro de 1994 Transporte pesado, con 4 motores de turbohélice, para substituír o An-12 An-71 Madcap 12 de xullo de 1985 Avión de radar naval desenvolvido xunto co An-72 An-72 Cheburashka Coaler 31 de agosto de 1977 Transporte de moi curto alcance, emprega o Efecto Coanda An-74 Cheburashka Coaler 1983 Versión civil do An-72 An-88 Proxecto para avión de radar, no completado An-124 Ruslán Cóndor 1982 Transporte militar; o maior avión xamais producido en masa An-140 18 de setembro de 1994 Avión a turbinas de curto alcance para aeroliñas An-148 17 de decembro de 2004 Desenvolvemento rexional a chorro do An-140, con motores fronte baixo as ás. An-174 An-74 agrandado con motores fronte baixo as ás. An-180 en desenvolvemento Avión a turbinas de mediano alcance para aeroliñas, arredor de 175 pasaxeiros An-204 An-218 postergado Turbohélice grande para aeroliñas An-225 Mriya Cossack 21 de decembro de 1988 Derivado do transporte militar An-124 OKA-38 SKV
Véxase tamén
Outros artigos Aeroliñas Antonov Oleg Antonov Ligazóns externas Antonov ASTC
Categoría:Antonov