O Airbus A400M é un avión de transporte militar de alcance longo e avión cisterna propulsado por catro motores turbohélice, deseñado pola corporación europea Airbus Military para cubrir as necesidades de transporte aéreo dos países europeos. Foi encargado por dez países para substituír varios modelos máis antigos, principalmente o Lockheed C-130 Hercules e o Transall C-160.Hewson, R. The Vital Guide to Military Aircraft 2nd edition. Airlife Press, Ltd. 2001.

Historia 300px|miniatura|esquerda|Debuxo dun A400 co logotipo da Luftwaffe. miniatura|250px|Tren de aterraxe do A400M. O proxecto comezou co grupo para o Futuro Transporte Aéreo Militar Internacional (FIMA - Future International Military Airlifter), establecido en 1982 por Aérospatiale, British Aerospace, Lockheed e MBB para o desenvolvemento do substituto do C-130 Hercules e Transall C-160. A variación necesidades e as complicacións da política internacional causaron un lento progreso. Lockheed abandonou o grupo en 1989 e empezou o desenvolvemento da segunda xeración do Hércules. Cando se uniron Alenia e CASA o grupo pasou a chamarse Euroflag.

As necesidades iniciais das nacións participantes (Francia, Alemaña, Italia, España, Reino Unido, Turquía, Bélxica e Luxemburgo) eran de 212 aeronaves. Coa marcha atrás de Italia e a revisión dos pedidos, as solicitudes pasaron a ser de 180 avións, co primeiro voo en 2008 e a primeira entrega en 2009. O 28 de abril de 2005 Suráfrica uniuse como membro do programa, aínda que o avandonou en novembro de 2009 alegando un sobrecusto de máis de 3.500 millóns de euros.

O Airbus A400M desenvolveuse principalmente como substituto dos C-130 e C-160, que actualmente son as principais aeronaves de carga dos países membros do grupo. Cando se complete o A400M será o primeiro Airbus construído cun propósito unicamente militar.

O 26 de xuño de 2008 tivo lugar en Sevilla a cerimonia de presentación mundial do primeiro A400M rematado. A cerimonia, tradicionalmente coñecida como 'roll-out' no sector aeronáutico, estivo presidida polo Rei Juan Carlos I de España,

Logo de tres anos de atraso, o primeiro voo do A400M foi realizado o 11 de decembro de 2009, engalando ás 10:15 pilotado por un español, Ignacio Lombo, e un británico, Edward Strongman, acompañados de catro enxeñeiros franceses.

Pedidos miniatura|250px|Primeiro Airbus A400M, na EADS de Sevila o 26 de xuño de 2008.

Data Usuario Pedidos EntregasAirbus Military A400M makes its Paris debut Craig Hoyle. Flight International FlightGlobal.com 15-6-2011 27 de maio de 2003 Luftwaffe 53 2014 Armée de l'air 50 2013 Exército do Aire de España 27 2015 Royal Air Force 22 2014 Forza Aérea de Turquía 10 2013 Forza Aérea de Bélxica 7 2018 Forza Aérea de Luxemburgo 1 2018 15 de decembro de 2004 Forza Aérea de Suráfrica 0 (8 cancelados) Pedido cancelado 28 de febreiro de 2014 Forza Aérea de Chile (sen acadar) sen datos 8 de decembro de 2005 Real Forza Aérea de Malaisia 4 2014 Totais: 174

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina do A400M na web oficial de EADS. Páxina oficial Airbus Military Os provedores do programa A400M (airframer.com) Colección de artigos, fotografías e vídeos do roll-out do A400M (aergenium - blog aeronáutico andaluz)

Categoría:Aeronaves de Airbus Categoría:Aeronaves militares Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 2009