miniatura|Chegada de Cristovo Colón a América. Pintura de Dióscoro Puebla (1862)

Tradicionalmente emprégase o termo descubrimento de América para referirse ás primeiras chegadas documentadas de europeos a América e as súas grandes consecuencias históricas. A poboación indíxena ocupou o norte do continente desde hai 15-30 mil anos e o sur desde hai 14,5 mil anos.. A primeira chegada de europeos foi de viquingos. Construíron poboados e asentáronse entre o 960-1100 DC (século X) na Terra Nova do Canadá, no que foi unha continuación da saída deste pobo cara a Islandia e Groenlandia. Isto foi tralo aumento imporante das súas poboacións no norte europeo e o comezo no século VIII da súa expansión comercial polo Atlántico norte.. Probablemente tamén chegaron aos actuais Estados Unidos a finais dese século. De feito, as tradicións orais atribúenlle a Erik o Roxo o descubrimento de Vinland, un 9 de outubro do ano 1000, polo que sería o primeiro europeo en pisar América. Con todo a ocupación dos viquingos non tivo unha importancia histórica posterior na poboación do continente. miniatura|Reverso do medio dólar colombiano, conmemorativa do IV centenario do Descubrimento de América. Ceca: US Mint. Gravador: George T. Morgan. No século XV un segundo descubrimento, e que habitualmente se denomina descubrimento de América, si foi importante e supuxo unha ocupación do territorio e cristianización da poboación indíxena. Foi coa chegada a América dun grupo expedicionario castelán-aragonés representando ós Reis Católicos de Castela e Aragón. Partiron dende o Porto de Palos de la Frontera, comandados por Cristovo Colón, e chegaron o venres 12 de outubro de 1492 a unha illa do mar Caribe chamada Guanahani. As viaxes dos portugueses á India seguindo a costa Africana significaron un estímulo para os que crían na ruta cara ó oeste como o camiño máis curto para chegar ata Asia. Cristovo Colón foi partidario desta hipótese. Apoiado polos Reis Católicos, organizou unha viaxe de exploración que o conduciu á costa americana en 1492. Cristovo Colón cría que chegara ó continente asiático, denominado polos europeos Indias e morreu sen saber que chegara a un continente descoñecido polos europeos. O "descubrimento de América" pode abranguer non só a descuberta senón tamén a tódalas viaxes realizadas por Colón a América, á conquista de América e ao encontro e conflitos dos europeos cos indíxenas americanos e as súas culturas. Trátase dun dos momentos álxidos da historia universal porque significou o encontro de dous mundos humanos que se desenvolveran independentemente, sen que ningún coñecese a existencia do outro.

As consecuencias do descubrimento foron dramáticas para os nativos americanos. Supuxo a morte de millóns de persoas por guerras, escravitude e, sobre todo, por enfermidades. Cando Hernán Cortés, en 1519 chegou a México estimase que a poboación era de 25 millóns de persoas. Porén, as epidemias, como a chamada en azteca "cocoliztli" e que é unha infección bacteriana estomacal por Salmonella, traídas posiblemente polos europeos reduciu a poboación mexicana en máis do 80%, quedando só en 1 millón de persoas e facilitando a conquista. Implicou a desaparición de culturas e linguas.

As viaxes de Colón

miniatura|Viaxes de Colón Cristovo Colón, en representación dos Reis Católicos, realizou catro famosas viaxes dende Europa a América en 1492, 1493, 1498 e 1502. Na primeira delas chegou a América o 12 de outubro de 1492, a unha illa das Bahamas chamada Guanahani, cuxa exacta localización aínda se discute. Na terceira viaxe chegou a territorio continental na actual Venezuela.

A partir da terceira viaxe de Colón, descubrimentos e conquista progresaron conxuntamente. Durante os vinte anos que separan 1499 de 1519, cando empeza a empresa magallánica, tiveron lugar as chamadas «as viaxes menores ou andaluzas», capituladas pola coroa con outros nautas crebando o discutido monopolio colombiano. No primeiro destes participou Amerigo Vespucci a quen se atribuíu se-lo primeiro europeo en propor que as terras ás que Colón chegara non eran en realidade parte de Asia, senón dun continente descoñecido para os europeos.

Primeira viaxe O 17 de abril de 1492, Cristovo Colón asina cos Reis Católicos as chamadas Capitulacións de Santa Fe, documentos polos cales se autoriza e financia a expedición de Cristovo Colón ás Indias polo mar cara a occidente. Ademais concédense a Colón unha serie de prebendas e títulos. Tamén se asinan varias provisións e cédulas para que axuden a Colón aquelas vilas e portos de mar ás que se dirixa Colón. Unha provisión é dirixida á vila de Palos por unha sanción imposta a algúns dos veciños desta vila.

O 23 de maio de 1492, ás portas da igrexa de San Xurxo de Palos, en presenza de Cristovo Colón, frei Xoán Pérez e as autoridades locais, dáse lectura á Real Provisión, asinada polos Reis Católicos, na cal se ordenaba a certos veciños da vila palerma poñer á disposición de Colón dúas carabelas totalmente armadas e aparelladas.

Os veciños ós que é referida dita provisión contestarían: pero a mariñeiría da zona, que non se vía obrigada pola real provisión, non estaba disposta a formar parte da expedición cun descoñecido, como o era Colón para aqueles homes. Independentemente da maior ou menor credibilidade das ideas colombianas, os homes de Palos nunca secundarían o xenovés a menos que o acompañase algún navegante respectado na vila. Coa oposición dos veciños e dos mariñeiros, Colón recorre a unha das provisións expedidas polos monarcas na cal se lle concede permiso para recrutar mariñeiros entre os encarcerados, aínda que finalmente isto non será necesario.

Así mesmo fixo uso doutra real provisión, dirixida ás vilas das costas andaluzas:

e embargou dous barcos en Moguer, en presenza do escribán moguereño Alonso Pardo e por medio dunha comisión dirixida á vila de Moguer para que cumprisen dita provisión,Comisión al contino Juan de Peñalosa, para que haga cumplir en la villa de Moguer, una cédula de SS. AA., ordenando se entreguen a Cristovo Colón, donde y cuando las pidiese, tres carabelas armadas y equipadas. Arquivo Xeral de Simancas. Signatura: RGS,149206,1 embarcacións que máis tarde foron desbotadas. Pero seguía sen conseguir enrolar a tripulación necesaria para a empresa.

Nestas circunstancias, e grazas a axuda dos franciscanos do mosteiro de La Rábida e a Pero Vázquez da Fronteira, vello e respectado mariño da zona, Colón coñece a Martín Alonso Pinzón, rico armador e líder natural da zona grazas ás súas moitas navegacións tanto polo Atlántico como polo Mediterráneo, coas que amasara fortuna e fama. Ademais dos ánimos e a influencia destas amizades, ó máis vello dos irmáns Pinzón convenceríao tamén a proposta que, segundo o testemuño de Alonso Galego nos Preitos colombinos, Colón lle fixo a Martiño Alonso :

Sexa como for, Martiño Alonso dende aquel momento comeza unha enérxica campaña en favor da empresa. Desbota as naves que confiscara Colón en Moguer, contrata outras novas e aporta da súa facenda persoal, medio millón de marabedís, a terceira parte dos gastos en metálico da empresa. Convence ós seus irmáns Francisco e Vicente, ademais de ós irmáns Neno, destacada familia mariñeira de Moguer, cos cales consegue animar e enrolar todos os mariñeiros necesarios para a empresa, homes de Palos, do veciño Moguer, de Huelva, do resto da comarca e incluso de fóra de Andalucía. Mariñeiros que agora se se arriscaban a aquela navegación, xa que o feito de que Martiño Alonso Pinzón, cos seus irmáns e cos Neno, estivesen á cabeza de dita armada era unha garantía para os homes da zona do Tinto-Odiel. miniatura|222px|Primeira viaxe Ultimados os preparativos a expedición parte do porto de Palos da Fronteira, o 3 de agosto de 1492. A escuadra colombiana estaba formada polas carabelas a Pinta, a Niña e a nao Santa María. A Pinta e a Niña foron elixidas polos irmáns Pinzón e custeadas polo concello de Palos, en cumprimento da anteriormente citada real provisión. A tripulación estaba formada por uns 90 homes aproximadamente.

A expedición dirixiuse para as Canarias, onde Colón visitou a Beatriz de Bobadilla, gobernadora da illa de La Gomera, e ademais en Gran Canaria fixéronse reparacións á Pinta no temón e nas velas. Finalizadas as reparacións, dende a illa de La Gomera lanzáronse á travesía do Atlántico o 6 de setembro.

A chegada a América miniatura|esquerda|Colón desembarca en Guanahani. A viaxe non resultou fácil para ninguén, de feito houbo tentativas de insurrección, pero grazas á presenza e o liderado de Martiño Alonso Pinzón conseguíronse resolver estas situacións. Cando xa se esgotaran tódolos cálculos e previsións realizadas por Colón, oíuse dende a Pinta o famoso berro de Rodrigo de Triana: Terra á vista.

O resumo do Diario de Colón conta do seguinte modo o momento da chegada a Guanahani:

A illa estaba habitada polo pobo taino. O texto arriba citado, sinala a primeira oportunidade en que os europeos utilizaron o termo "indios" para denominar xeneralizadamente os poboadores de América, palabra que deriva do erro que cometeron ó pensar que a illa Guanahani se encontraba na zona oriental do continente asiático, que os europeos de entón confundían coa India. No diario de a bordo, Colón deixa escrita a súa primeira impresión sobre os nativos que acharon:

Os tainos organizaran unha sociedade agraria, relativamente avanzada, baseada no cultivo do millo, a mandioca e o algodón, incluíndo outros importantes cultivos como o maní (cacahuete), a pementa, o ananás, a batata e o tabaco. O propio Colón relata no seu diario que cultivaban cabazas e algodón e que posuían casas e "hortas de árbores". Tainos e europeos intercambiaron produtos pacificamente, pero os primeiros non tiñan posesións de ouro, principal produto que buscaban os segundos. Ó día seguinte o Diario comentaba:

Así a todo, a pesar da boa relación entre tainos e europeos, Colón xa pensaba en Guanahani, na posibilidade de escravizalos:

Arribaron despois á illa de Cuba, bautizada co nome de Juana, e posteriormente á Española. O 25 de decembro embarrancou a carabela Santa María e cos seus restos mandou construír un forte chamado de La Navidad, no cal deixou unha pequena gornición.

miniatura|300px|Rutas de regreso desde América de Colón (abaixo) e Pinzón (arriba). Na súa primeira viaxe Colón capturou varios indíxenas que foron levados cativos a Castela, onde os reis católicos ordenarían primeiro vendelos como escravos para logo liberalos. Aqueles constituíron os primeiros americanos en descubrir Europa. O 16 de xaneiro de 1493, coas dúas naves restantes, A Pinta e a Niña, emprenderon a viaxe de retorno. Durante a travesía as dúas naves separáronse por culpa dunha forte treboada, na cal os tripulantes da Niña, ó se ver a punto de naufragar, realizaron o denominado voto colombiano. Finalmente Colón, coa Niña, consegue arribar con dificultade en Lisboa, Martiño Alonso Pinzón fai o propio no porto de Baiona. As naves, por fin, chegaron a Palos o 15 de marzo con poucas horas de diferenza, e Colón marchou a Barcelona para informar os reis da súa descuberta.

Segunda viaxe miniatura|Segunda viaxe A segunda expedición saíu de Cádiz o 25 de setembro de 1493. Esta viaxe tiña como finalidade asenta-la presenza castelá nos territorios descubertos e encontrar o camiño para a India e Catay. A primeira illa á que arribou foi A Desexada (3 de novembro); despois descubriu Porto Rico e chegou á Española, onde encontrou destruído o Forte de La Navidad por unha ofensiva de Caonabo. Na mesma illa fundou a cidade da Isabela (6 de xaneiro de 1494). Continuou a súa viaxe de exploración e percorrido nas costas de Juana (Cuba) e Santiago (Xamaica). No final de 1494 ou principios de 1495 dirixiuse cara ó sur.