Luís Iglesias de Souza, nado na Coruña en 1919 e finado na mesma cidade o 2 de febreiro de 1995,La Voz de Galicia, 3-2-1995, p. 32. foi un escritor galego en lingua galega e castelán.

Traxectoria Mestre nacional. Pertenceu a Acción Católica, fundando en 1932 a Asociación de Estudiantes Católicos. Crítico de cine e teatro en Radio Nacional de España na Coruña, colaborou en diversas publicacións. Foi finalista do Premio Nacional de Literatura en 1968 con El aguijón. Fundou o grupo La Farándula e foi un dos creadores da Asociación de Amigos da Ópera. Foi membro correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes e da Real Academia Galega.

Obra En galego Terras, xentes e cousas, 1968 (poemario) Meu tempo desgaxado, 1970 (poemario) Nadaliñas, 1972 (poemario) Vento antergo, 1975 (poemario) Contos miúdos, 1983 (narrativa infantil) Un conto tódolos días, 1987 (narrativa infantil) As alaudas do mencer, 1989 (narrativa) As historias da abella Traamunda. Nova Galicia, 1990. (Narrativa infantil). As historias do anxo azul. Nova Galicia, 1991. (Narrativa infantil). O vello das pombas. Everest Galicia, 1998. (Narrativa infantil). En castelán

Breviario melancólico (1974)

Vida persoal Casou con Encarnación Feijoo Vázquez.

Recoñecementos Medalla de ouro ao mérito artístico e cultural do Concello da Coruña.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

(1990). Diccionario de escritores en lingua galega. p. 210.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes