En música, a oitava é o intervalo entre dúas notas separadas entre si 6 tons na escala diatónica ou, desde o punto de vista físico, entre dúas notas que teñan o dobre ou a metade de frecuencia.

Xa Pitágoras se decatara de que cando unha corda vibra na metade da súa lonxitude a nota que emite é a oitava da fundamental; hoxe dicimos que a frecuencia da oitava é o dobre da fundamental. Por exemplo, a nota La que se usa para afinar ten unha frecuencia de 440 hertzs, a súa oitava superior ten 880 Hz e a inferior 220 Hz. Outras oitavas atópanse a 2n veces a frecuencia desa nota (n é un número enteiro), tal e como 2, 4, 8, 16 etc, e a serie recíproca. Por exemplo, 55 Hz e 440 Hz están a unha e a dúas oitavas de distancia respectivamente de 110 Hz porque son 1/2 (1/21) e 4 (22) veces a frecuencia, respectivamente; porén, 330 Hz non está a un número enteiro de oitavas por riba de 110 Hz, aínda que sexa un harmónico de 110 Hz.

Notas correlativas de series inmediatas

Esta orde das notas é o xeral e máis básico, pero pode haber outro dependendo da tonalidade.

Para falar xeralmente das notas dun modo xeral noméanse os graos. Existe un grao por cada nota: Tónica: é o grao máis importante. Dalle o nome a tonalidade. Supertónica: chámase así por estar por riba da tónica. Mediante ou modal: Chámase mediante por estar no medio dos graos máis importantes (tónica e dominante). Chámase modal por ser a nota que lle dá o modo á tonalidade. Subdominante'': chámase así por estar por debaixo da dominante. Dominante: é a segunda nota máis importante. Superdominante: chámase así por estar por riba do dominante. Sensible ou subtónica: Chámase sensible cando está medio ton por debaixo da tónica. Chámase subtónica cando está un ton por debaixo da tónica. O oitavo grao é a repetición do primeiro. Notas

Véxase tamén

Estes conceptos amplíanse en tonalidade, modalidade, intervalos e escalas (distintos tipos de escala diatónica maior e menor).

Categoría:Intervalos