O Cádiz CF é un equipo de fútbol español da cidade de Cádiz, en Andalucía. Foi fundado en 1910 e actualmente compite na Segunda División. O seu campo é o Estadio Nuevo Mirandilla, con capacidade para 20.724 espectadores.
Historia Fundouse en 1910 por José Rivera y Lora. Compite por primeira vez no Campionato Nacional de Liga de Segunda División na tempada 1935–36, baixo a denominación de Mirandilla F.C. En xuño de 1936, cambia a súa denominación pola de Cádiz F.C., nome máis representativo da cidade.
Foi campión de Liga en todas as categorías nas que participou, excepto na Primeira División. O seu maior logro na Copa do Rei foi na tempada 1989–90 cando alcanzou as semifinais. En sete ocasións conseguiu o Trofeo Ramón de Carranza, o seu histórico torneo de verán.
Estadio
O Estadio Nuevo Mirandilla é o actual estadio do Cádiz, antes coñecido como Estadio Ramón de Carranza. Foi construído entre maio de 1954 e agosto de 1955 e ao final foi inaugurado o día 2 de setembro de 1955, co partido disputado entre o mesmo Cádiz e o FC Barcelona, acabando co resultado de 0–4 favorable ao equipo catalán. Actualmente está en proceso de iniciarse a terceira fase da súa remodelación, a primeira fase concluíu a principios de 2005, a segunda fase do fondo norte concluíu en 2008 e a terceira fase da tribuna prevé finalizarse en 2010, ano no que o Cádiz CF celebra o seu centenario. Actualmente o propietario do estadio non é o equipo de fútbol senón o Concello.
Datos do club Tempadas en 1ª: 12 Mellor posto en 1ª: 12º (1987-88) Peor posto en 1ª: 19º (1992-93 e 2005-06) Posto na Clasificación histórica da Primeira división española de fútbol: 31º Tempadas en 2ª: 36 Mellor posto en 2ª: 1º (1939-40 e 2004-05) Peor posto en 2ª: 20º (1993-94 e 2007-08) Tempadas en 2ª B: 11 Mellor posto en 2ª B: 1º (2000-01, 2008-09 e 2011-12) Peor posto en 2ª B: 12º (1999-00) Tempadas en 3ª: 12 Mellor posto en 3ª: 1º (1954-55 e 1969-70) Peor posto en 3ª: 10º (1943-44)
Xogadores Categoría principal: Xogadores da Cádiz CF.
Cadro 2009/10
Palmarés Segunda División de España (2): 1939–40, 2004–05 Segunda División B de España (3): 2000–01, 2008–09, 2011-12 Terceira División de España (2): 1954–55, 1969–70 Subcampión de Segunda División (5): 1976–77, 1980–81, 1982–83, 1984–85, 2019–20 Subcampión de Terceira División (1): 1946–47
Véxase tamén Outros artigos Ramón de Carranza y Reguera (Ferrol 1863 - Cádiz 1937). Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Cádiz CF