A Grande Esfinxe de Gizeh (en , literalmente: Pai do Terror), comunmente coñecida como a Esfinxe de Gizeh ou simplemente a Esfinxe, é unha estatua calcaria dunha esfinxe reclinada, unha criatura mítica con corpo de león e cabeza de humano. Está situada na meseta de Gizeh, na franxa occidental do río Nilo en Gizeh, Exipto. O rostro da esfinxe representaría o rostro do faraón Quefrén.

Esculpida sobre o substrato, a forma orixinal da esfinxe foi restaurada con capas de bloques. A estrutura mide 73 metros de lonxitude desde as farpas ata a cola, 20,21 metros de alto desde a base ata a parte superior da cabeza e 19 metros de ancho nas súas ancas. É o monumento escultórico máis antigo de Exipto e crese que foi construído polos antigos exipcios do Reino Antigo durante o reinado do faraón Quefrén (arredor dos anos 2558 - 2532 a. C.).Dunford, Jane; Fletcher, Joann; French, Carole (ed., 2007). Egypt: Eyewitness Travel Guide . Londres: Dorling Kindersley, 2007. .

Orixes e identidade miniatura|A Grande Esfinxe parcialmente enterrada na década de 1870. miniatura|Auguste Mariette (sentado á esquerda) e o emperador Pedro II do Brasil (sentado á dereita) xunto a outros fronte a Esfinxe, 1871. miniatura|A Grande Esfinxe parcialmente escavada, cara 1878. miniatura|A Grande Esfinxe cara 1880, por Beniamino Facchinelli. miniatura|A Grande Esfinxe fronte a Pirámide de Quefrén, 2005. A Grande Esfinxe é unha das máis grandes e antigas estatuas do mundo. Porén aspectos básicos sobre ela aínda son obxecto de debate, como a data da súa construción, os autores e o seu propósito.

Nomes da Esfinxe Resulta imposible identificar o nome co que os construtores nomearon a estatua, xa que a Esfinxe non aparece en ningún escrito do Reino Antigo e non hai inscricións que describan a súa construción ou o seu uso orixinal. Durante o Reino Novo, a Esfinxe foi chamada Hor-em-akhet e o faraón Tutmosis IV (1401 - 1391 ou 1397 - 1388 a. C.) referiuse especificamente a ela na súa Estela do soño.

O nome habitualmente utilizado Esfinxe comezou a utilizarse na antigüidade clásica, aproximadamente 2 000 anos despois da data aceptada da súa construción, facendo referencia á besta mitolóxica grega con corpo de león, cabeza de muller e ás de aguia. Porén, como moitas outras esfinxes exipcias, a de Gizeh ten rostro masculino e non ten ás.

Os escritores árabes medievais, incluíndo a al-Maqrīzī, chamaron á esfinxe balhib e bilhaw, o que suxire unha influencia copta.

Construción Aínda que houbo varias probas e varios puntos de vista enfrontados ao longo dos anos, a postura que mantén a exiptoloxía moderna é que a Grande Esfinxe foi construída arredor do ano 2500 a. C. polo faraón Quefrén, o construtor da segunda pirámide de Gizeh.

Selim Hassan, escribiu en 1949 durante as escavacións do recinto da esfinxe, resumindo o problema:

A evidencia circunstancial mencionada por Hassan inclúe a localización da esfinxe no contexto dun complexo funerario arredor da segunda pirámide, que está tradicionalmente relacionada con Quefrén.Lehner, Mark (Spring 2002). "Giza As Is:Unfinished Business Reveals the Human Hand" in Aeragram, 5:2 (Spring 2002), 10–14. Consultado o 23 de decembro de 2008. Ademais da calzada, a pirámide e a esfinxe, o complexo tamén inclúe o templo da esfinxe e o templo do val, no que ambos mostran un deseño similar nas súas estancias interiores. O templo da esfinxe foi construído utilizando bloques cortados no recinto da esfinxe, mentres que os do templo do val, foron extraídos, pesando algúns deles ata 100 toneladas.

Unha estatua de diorita do faraón Quefrén, descuberta enterrada boca abaixo, xunto a outros cascallos no templo do val, utilizouse como apoio á teoría de Quefrén.

A Estela do Soño, erixida moito despois polo faraón Tutmose IV (1401 - 1397 ou 1397 - 1388 a. C.), asocia á esfinxe con Quefrén. Cando a estela foi descuberta, as súas liñas de texto estaban xa danadas e incompletas, e só referíanse a Khaf, e non Quefrén. Un fragmento foi traducido:

O exiptólogo Thomas Young, atopou o xerográfico Khaf nun cartucho danado empregado para rodear un nome real, inserido no glifo ra para completar o nome de Quefrén. Cando a estela foi re-escavada en 1925, as liñas de texto referidas a Khaf danáronse e quedaron destruídas.

Descrición A Grande Esfinxe de Gizeh representa un ser híbrido metade león metade ser humano que se presenta como nunha divindade. Deste xeito, alúdese á forza do animal depredador máis poderoso e a intelixencia do ser humano. Na esfinxe materializada, a forza animal cálmase dominada pola intelixencia humana, repousando en actitude maxestática, a modo de divindade. A pedra da que está feita é calcaria.

Cabeza A cabeza da Grande Esfinxe de Gizeh posúe unhas dimensións de, aproximadamente, 5,20 m de alto e 4,20 de anchura. Isto perfílaa como un volume de dimensións case cadradas e de tendencia grosa. Como toucado, a esfinxe leva a forma máis antiga, completamente plisada, do Nemes, que é o mesmo que se pode ver no fragmento da cabeza dunha estatua de Queops que se conserva no Museo Metropolitano de Nova York. A estatua posúe un uraeus na altura da fronte que arranca do bordo inferior do pano que lle cobre a cabeza e que se caracteriza por ser moi plástica. Amósanse detalles naturalistas no pescozo e nas escamas da serpe. Tamén posúe unhas cellas moi marcadas, vigorosas, arqueadas cara a arriba e descendentes nas tempas. Os ollos son grandes, moi abertos e afundidos. As orellas son moi grosas e están pregadas cara a adiante. A esfinxe carece de barba no queixo.

Nariz e barba miniatura|dereita|Fragmentos da barba da esfinxe, conservados no Museo Británico.

O nariz, dun metro de ancho, está perdido. Segundo os exames realizados ao rostro da esfinxe, descubriuse que unhas longas barras ou ciceis foron cravadas no nariz, unhas desde a parte do óso nasal e outras desde os orificios.

O historiador árabe al-Maqrīzī, atribuíu a perda do nariz ao iconoclasta Muhammad Sa'im al-Dahr-a, tras descubrir a algúns campesiños facendo ofrendas á esfinxe en 1378 para aumentar os seus cultivos. Enfurecido, destruíu o nariz, e foi máis tarde executado por vandalismo. Al-Maqrīzī describiu á esfinxe como o talismán do Nilo do cal os campesiños locais pensaban que dependía o ciclo de inundacións.

Hai unha lenda que afirma que o nariz quedou destruído tras recibir un disparo de canón por parte dos soldados do exército francés de Napoleón. Outras versións afirman que foron as tropas británicas ou os mamelucos. Varias imaxes da esfinxe realizadas por Frederic Louis Norden, en 1738 e publicadas en 1757, mostran xa a esfinxe sen o seu nariz.

Ademais da perda do nariz, tamén falta a barba cerimonial do faraón, que segundo se cre estaba pegada. Porén, esta puido ser engadida posteriormente en períodos posteriores ao da súa construción orixinal. O exiptólogo Vassil Dobrev suxeriu que de ser a barba unha peza orixinal da esfinxe, danaría o queixo da estatua antes de caer.Fleming, Nic (2004-12-14). "I have solved riddle of the Sphinx, says Frenchman" in The Daily Telegraph. Actualizado 14 de decembro de 2004. Consultado 28 de xuño de 2005. A falta de restos visibles de danos apoian a teoría de que a barba foi incluída posteriormente.

Quedan residuos dun pigmento vermello aínda visibles en varias partes do rostro da esfinxe. Tamén se atoparon trazas de pigmentos amarelos e azuis noutras partes da estatua, os cales levaron a que Mark Lehner suxerise que o monumento estivo decorado con belas cores de cómic.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Schulz, R. e Seidel, M. (2004) Egipto. El mundo de los faraones. Colonia (Alemaña): Ed. Könemann. Outros artigos Gizeh Gran Pirámide de Gizeh Necrópole de Gizeh

Categoría:Esfinxes Categoría:Sitios arqueolóxicos de Exipto Categoría:Edificacións do Antigo Exipto Categoría:Atraccións turísticas