Jenson Alexander Lyons Button (Jenson Button), MBE nado en Frome o 19 de xaneiro de 1980, é un piloto inglés de Fórmula 1. Reside en Bicester, pero tamén pasa temporadas en Mónaco. Na tempada pilota para McLaren. Foi o Campión do Mundo na tempada , pilotando un Brawn GP.
Button comezou no karting á idade de oito anos con grande éxito, antes de pasar ás carreiras de coches no Campionato británico de Fórmula Ford e na Fórmula 3 británica. A súa primeira aparición na Fórmula Un foi con Williams F1 na tempada . Ao ano seguinte cambiouse a Benetton, que en converteuse en Renault, e logo para a tempada trasladouse a BAR. Na tempada terminou terceiro no Campionato de Mundo de Pilotos, con só os dous Ferrari por diante del. BAR foi rebautizado posteriormente como Honda Racing para a tempada , na que Button gañou o seu primeiro Gran Premio en Hungría, logo de 113 carreiras.
Trala retirada de Honda do deporte en decembro de 2008, quedándose sen coche para a tempada , ata que Ross Brawn encabezou a Management buyout (compra dunha empresa polos seus directivos) do equipo en febreiro de 2009, e Button atopouse de súpeto nun altamente competitivo coche con motor Mercedes. Logo pasou a igualar a marca de gañar seis das sete primeiras carreiras da tempada 2009, asegurándose o Campionato do Mundo no Gran Premio do Brasil, liderando os puntos durante toda a tempada, o seu éxito tamén axudou a Brawn GP para asegurar o Campionato do Mundo de construtores.
en , trasladouse a McLaren, en asociación co tamén piloto británico e ex campión do mundo Lewis Hamilton. Logo de terminar quinto en 2010, Button terminou a tempada como subcampión. En logrou a súa primeira pole para McLaren no Gran Premio de Bélxica de 2012. Das 289 carreiras que Button comezou gañou 15, cun total de 50 podios.
Infancia e primeiros anos Button naceu o 19 de xaneiro de 1980 en Frome, Somerset e criouse na cercan Vobster. Chamárono así polo amigo e rival do seu pai nas carreiras de rallycross, o danés Erling Jensen, cambiando o "e" por un "o" para diferencialo de Jensen Motors.Baker, Andrew (19 October 2009). "Jenson Button's home town of Frome to immortalise Formula 1 World Champion". The Daily Telegraph. Retrieved 23 decembro 2010. Foi educado na escola primaria de Vallis, Selwood Middle School e no Frome Community College.Cary, Tom (4 May 2010). "Formula One world champion Jenson Button moved by the freedom of Frome". The Daily Telegraph. Retrieved 23 decembro 2010. é o cuarto fillo da surafricana Simone Lyons e o expiloto de Rallycross John Button, que era ben coñecido no Reino Unido durante a maior parte da década de 1970 polo seu Volkswagen Escaravello, antes de cambiar a un VW Golf Mk1 en 1978. Despois de que os seus pais se divorciaran cando tiña sete anos, xunto as súas tres irmás máis vellas foron criados pola súa nai en Frome. Non aprobou o seu primeiro exame de conducir por achegarse demasiado a un vehículo estacionado.
Xa con 8 anos, e co apoio de seu pai John (que lle regalou por Reis un kart), corría nos circuítos de karting; tampouco lle importou perde-las clases de escola por viaxar por todo o mundo. Dende o ano 1989 até o ano 1997 debutou en karting, no que conseguiu algúns premios: O Campionato Británico de Cadetes de Karting no 1991 (con 34 carreiras); seguíronlle 3 veces campión no Aberto Británico de Karting (e algúns campionatos máis ata conformar 8 premios); no 1995 faise co título de ICA Senior Italiano; tamén nese ano recaeu na súas mans o título de Campión Europeo de Super Kart. Unha viaxe ao Xapón permítelle a Jenson participar no Ayrton Senna Memorial Cup, no que entra coma piloto axeitado tras unha asombrosa carreira de karting. A súa capacidade para aprenderse os circuítos é admirable e o seu desexo de vitorias, insaciable. Ten un bo control do volante e unha boa dose de sangue frío. As 50 veces que tivo que estar no podio durante a súa etapa en 1998 na Fórmula Ford é un exemplo; compre citar por dicir algo, pilotando para Haywood Racing consegue no Ultra-Competitivo Campionato Británico unhas 9 vitorias; as carreiras de Europa levan a este piloto a poñerse no segundo posto do Campionato Europeo; e un triunfo fai redondea-lo ano no Festival da F3 de Ford.
Despois, seguiu mostrando o seu potencial na Fórmula Ford e na Fórmula 3000. Pero o que máis sorprende deste piloto é que se subiu ao máis alto rompendo tódalas marcas de xuventude. No recoñecemento o talento especial chégalle a concesión do prestixioso título de Novo Piloto do Ano, promovido pola McLaren Autosport BRDC a finais do 1998.
Tivo a sorte, lóxica, de subir até a Fórmula 1 cando no novembro do 1999 toma a pista cun McLaren MP4/13, semanas máis tarde , nunha proba para o equipo da Prost, Jenson derrota o experimentado Jean Alesi; xa que a xente importante deuse conta nada máis velo de que era un auténtico prodixio.
Andaina na Fórmula Un Williams (2000) Na tempada , con 20 anos era o piloto máis novo da grella, finalizou oitavo (12 puntos) no Campionato de Pilotos, pero demostrou que Jenson era un piloto con condicións, ao superar en varias ocasións ao seu compañeiro de equipo Ralf Schumacher. Os seus mellores resultados da tempada foron un cuarto lugar no Gran Premio de Alemaña e unha quinta posición en Bélxica. Malia iso, as prestacións non foron as esperadas.
Benetton (2001) miniatura|right|Button no Gran Premio de Francia de 2001 pilotando para Benetton.
En , Button asociouse co experimentado piloto Giancarlo Fisichella en Benetton, que fora comprado por Renault. Fixo unha tempada pésima: o coche Benetton non era moi competitivo e foi superado constantemente polo seu compañeiro de equipo. Terminou o campionato de pilotos con só 2 puntos, o seu mellor resultado foi o quinto posto no Gran Premio de Alemaña de 2001. A súa pobre forma levou a especulacións de que sería substituído antes de que finalizara o ano. O director do equipo Flavio Briatore dixo: "Ou mostra que é super bo ou deixa o chanzo máis alto dos pilotos", e ao parecer ofreceulle a oportunidade de demostralo. Button cre que mostrou a súa inexperiencia por esforzarse en axudar ao seu equipo a crear un coche competitivo. A súa falta de éxito combinado cun estilo de vida extravagante levou a algunhas publicacións de prensa consideralo un "playboy".
Tamén estivo tentado avolver para Williams, pero o equipo xa tiña a praza ocupada por Juan Pablo Montoya.
Renault (2002) miniatura|Button no Gran Premio do Reino Unido de 2002
En , Benetton foi renomeado como Renault F1 e Jarno Trulli uniuse ao equipo como parella de Button. Durante as vacacións de inverno, Button pasou moito tempo traballando co seu equipo de enxeñeiros e sentiu que mellorara a comprensión entre eles, describiuse como "moi confiado" para a tempada. Empezou ben, na segunda carreira da tempada en Malaisia, estaba en camiño ao seu primeiro podio antes de que un problema na suspensión nas últimas voltas deixarao no cuarto lugar. As actuacións de Button melloraron en gran medida en comparación coa anterior tempada, aínda que a miúdo opacado por Trulli, mostrou un ritmo de carreira máis rápido para superar á súa máis experimentado compañeiro de equipo. Malia as actuacións de Button, e o seu desexo de permanecer con Renault, anunciouse no Gran Premio de Francia que ía se substituído en polo piloto de probas Fernando Alonso. Briatore recibiu críticas pola súa decisión, pero afirmou que "o tempo dirá se estou equivocado", tamén acusaría a Button de ser un "playboy lacazán". En xullo, Button asinou un contrato de dous anos cunha opción de dous anos máis con British American Racing, xunto ao campión do mundo de Jacques Villeneuve. Un factor importante na súa decisión foi a oportunidade de traballar con David Richards, o director do equipo BAR. Finalizou a tempada sétimo con 14 puntos, un lugar e 5 puntos por diante de Trulli.
BAR (2003–2005) 2003 Button enfrontouse á hostilidade do seu novo compañeiro de equipo Villeneuve, quen suxeriu que Button fora contratado polo seu atractivo comercial máis que pola súa capacidade, e en comparación era un "membro dunha banda de mozos". Button respondeu negando que tivese algo que demostrar a Villeneuve; "Eu non estou aquí para gañar o respecto de Jacques, eu estou aquí para gañar e levar ao equipo cara a adiante". A súa relación non mellorou logo do primeiro Gran Premio en Australia: Villeneuve debía entrar en boxes, pero aguantou unha volta extra e entrou cando debía facelo Button, deixándoo a espera na rúa de boxes mentres o coche de Villeneuve era atendido. Villeneuve botou a culpa aos "problemas de radio", pero Button e o director do equipo David Richards deron a entender que non lle creron. Button obtivo bos resultados nas primeiras seis carreiras, anotando oito puntos (o sistema de puntos cambiara ese ano para outorgar puntos aos oito primeiros clasificados), incluíndo o cuarto lugar no Gran Premio de Austria, Villeneuve só anotara tres. Button estrelouse con forza a 298 km/h durante os adestramentos do sábado en Mónaco, quedando brevemente inconsciente, e quedou hospital durante a noite. Malia ao accidente Button aínda quería participar, pero foi retirado polo seu equipo de atención médica. Tamén se perdeu unha proba dun día en Monza, pero puido participar na seguinte carreira o Gran Premio en Montreal. Button continuou superando ao seu compañeiro de equipo (aínda que Villeneuve sufriu un gran número de problemas mecánicos), e isto axudou a reconstruír a súa reputación. Xusto antes da carreira final en Xapón, Villeneuve perdeu o seu asento no BAR, así que Button asociouse con Takuma Sato, logrou o seu segundo cuarto posto da tempada, e terminou noveno no campionato de pilotos con 17 puntos.
miniatura|left|Button ao volante do BAR no Gran Premio dos Estados Unidos de 2004
2004 A tempada foi a primeira na que Button era o piloto máis experimentado do seu equipo. Era ambicioso para a tempada, dicindo: "... Este ano podería ser favorito. Queremos correr á beira dos mellores equipos. Quero ser consistente nos puntos e no podio" Logrou o seu primeiro podio na segunda carreira da tempada, terceiro lugar no Gran Premio de Malaisia, dicindo despois "Non hai palabras para describir a sensación do primeiro podio". Seguiuno dúas semanas máis tarde outro terceiro lugar en Bahrain. Na seguinte carreira en Imola, logrou a súa primeira pole e terminou segundo detrás de Michael Schumacher. Os seus resultados na tempada foron impresionantes: logrou 10 podios en 18 carreiras, e non puido anotar puntos en só tres. Button foi terceiro no campionato de pilotos, detrás dos dous pilotos dominantes de Ferrari, e axudou a BAR a lograr o segundo lugar no Campionato de Construtores.
En agosto, Button viuse envolvido nunha disputa contractual. O 5 de agosto, Button optou por deixar BAR e asinou un contrato de dous anos para volver a Williams. Isto foi sorprendente, xa que Button estaba gozando da súa mellor tempada ata a data, mentres que Williams tivera problemas BAR, con todo, insistiu en que tiñan o dereito de exercer a súa opción para manter a Button. Button argumentou que a opción de BAR non era válido porque contiña unha cláusula que permitíalle irse se BAR perdía os seus motores Honda. Pensaba que o novo contrato asinado no verán con Honda para fornecer motores a BAR non era definitivo, e polo tanto Button era libre para marchar. A disputa pasou á Xunta de Recoñecemento de Contratos da Fórmula Un, que fallou a favor de BAR o 20 de outubro, obrigando a Button a quedar co equipo. Dous dos homes no centro da disputa retiráronse pronto dos seus cargos, o director do equipo David Richards foi substituído por Nick Fry logo de que Honda comprara o 45 por cento da empresa BAR, e Button separouse do seu preparador John Byfield, dicindo que fora mal asesorado.
2005