Ryūe Nishizawa (西沢 立衛, にしざわ りゅうえ), nado no 1966 en Tokyo (Xapón), é un arquitecto que, xunto a Kazuyo Sejima, fundou a firma de arquitectura SANAA (Sejima + Nishizawa e Asociados) no ano 1995. Ademais de SANAA, ámbolos dous, Nishizawa e Sejima, levan a cabo estudos independientes centrados, na súa meirande parte, en proxectos locais pequenos. No 2010, xunto a súa compañeira Kazuyo Sejima foi galardoado co Premio Pritzker.

Traxectoria Ryūe recibiu o seu título de arquitecto no 1990 na Universidade nacional de Yokohama. Entrou a traballar a Kazuyo Sejima & Associates até que no 1995 fundou xunto con Kazuyo Sejima o estudio SANAA (Sejima + Nishizawa). No 1997, iniciou a súa carreira independente "Estudio de Ryue Nishizawa", paralelamente ao estudio que ten coa súa compañeira. Dende o 2000 foi profesor invitado en varias escolas como a Escola de Deseño da Universidade de Harward e da Universidade de Princeton (Estados Unidos) Dende o 2001 é profesor da Universidade Nacional de Yokohama no departamento de proxectos.

Obras 1997. Casa de Fin de Semana, Usui-gun, Xapón. 1999. Casa en Kamakura, Xapón. 2001. Apartamentos Ichikawa en Chiba, Xapón. 2002. Apartamentos Eda en Yokohama, Xapón. 2002. Casa Moriyama en Tokyo, Xapón. 2002. Pavillón de Vídeo en Naoshima, Xapón. 2002. Museo Tomihiro en Gunma, Xapón. 2002. Apartamentos en Funabashi, Xapón. 2003. Casa en Tianjin, China. 2004. Museo N en Kagawa, Xapón. 2004. Casa A en Tokyo, Xapón. 2005. Hotel en Emona, Bulgaria. 2005. Centro de Arte de Towada, Aomori, Xapón. 2006. Xardín e Casa en Tokyo, Xapón.

Premios 1999. Premio Yoshioka, The Japan Architect, pola Casa de Fin de Semana. 1999. Premio Deseño de Exposición 99. 2000. Premio en Arquitectura Residencial pola Asociación de Arquitectos e Enxeñeiros da Construción de Tokyo, pola Casa de Fin de Semana. 2001. Premio Kajima, revista SD 2001 polos Apartamentos Ichikawa. 2010. Premio Pritzker.

Véxase tamén Outros artigos SANAA Kazuyo Sejima

Ligazóns externas Páxina do arquitecto Ryue Nishizawa Firma SANAA

Categoría:Arquitectos do Xapón do século XX Categoría:Arquitectos do Xapón do século XXI Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Nados en 1966