A Selección de rugby de Fiji representa ao país nas competicións oficiais de rugby. Ao igual que outros equipos, a selección de Fiji realiza antes dos seus partidos unha danza guerreira chamada cibi dende o ano 1939. Fiji forma parte da Pacific Islands Rugby Alliance (PIRA), que agrupa ademais ás federacións de Samoa e Tonga.

Aumentou o seu potencial de rugby grazas aos grandes resultados obtidos na última Copa do Mundo, eliminando a un dos combinados locais, Gales e despois facendo unha boa labor na súa derrota fronte ao posterior campión Suráfrica. A Fiji Rugby Union demanda dende hai tempo que o equipo nacional de Fiji se incorpore a un torneo coas potencias do hemisferio Sur.

Aínda que ten un grande xogo no formato de 15 xogadores, onde transcende internacionalmente, destaca principalmente no formato Seven (7 xogadores), no cal logrou estar nas últimas edicións do Seven Internacional entre os primeiros postos e incluso, gañando a un dos mellores equipos do mundo, Nova Zelandia. Isto débese á gran velocidade dos seus xogadores para este formato do rugby, algo típico dos países das illas de Oceanía.

Copa do Mundo de Rugby Participacións de Fiji na Copa do Mundo. Edición Organizador Posto 1987 Nova Zelandia e Australia Cuartos de final 1991 Inglaterracoa asistencia de Gales, Escocia, Irlanda e Francia Fase de grupos 1995 Suráfrica Fase de grupos 1999 Galescoa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia Cuartos de final 2003 Australia Fase de grupos 2007 Franciacoa asistencia de País de Gales e Escocia Cuartos de final 2011 Nova Zelandia Fase de grupos 2015 Inglaterracoa asistencia do Gales Fase de grupos 2019 Xapón Fase de grupos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Copa do Mundo de Rugby

Ligazóns externas Páxina web oficial

Fiji